17 de mayo de 2018
17.05.2018

Música, baile, xogos populares e artesanía para a romaría en Sanamedio

Limiar Teatro representou onte en Bueu a obra "Anagnórise"

17.05.2018 | 03:36
A función teatral de onte no Centro Social do Mar de Bueu. // G.N.

O adro de Sanamedio volve a acoller hoxe a popular romaría das Letras Galegas, que por segundo ano inclúe un festival organizado polo grupo Pais de San Roque. As actividades comezarán a partir das 12.00 horas, co pregón da mestra Nela Álvarez. Ao longo da xornada haberá actuacións musicais de Os Liboreiros, Grupo María Soliña, Trikoloma, Os Chaneiros de Marín, Retrouso, Os Mulos, Pais de San Roque e un festival infantil. A programación consta tamén de contacontos, xogos populares, un concurso de debuxo e un recital poético de Míriam Ferradáns (ás 13.30 h). No adro haberá cantina, postos de artesanía, tómbola e sorteos.

Por outra banda, a programación ao redor das Letras Galegas incluiu onte unha representación teatral no Centro Social do Mar. Limiar Teatro presentou "Angnórise", unha obra que estaba baseada nun dos traballos máis coñecidos de María Victoria Moreno.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine