17 de mayo de 2018
17.05.2018

A Asociación por un Museo do Mar para Marín celebra asemblea na súa nova sede

Será mañá, ás 20.00 horas, no local da Praza do 8 de Marzo onde ten unha exposición

17.05.2018 | 03:35

A Asociación por Un Museo do Mar para Marín celebra asemblea xeral de socios, que está convocada para mañá venres día 18, na nova sede da Praza 8 de Marzo. A reunión terá lugar ás 20.00 horas e nela dárase conta do logrado desde a constitución da asociación, até o día de hoxe no que xa se conta cunha sede situada na que fora antigua Caixanova.

"A convocatoria está dirixida únicamente ás persoas que se asociaron ao longo dos últimos meses, mais desde a asociación faise un novo chamamento a todas aquelas persoas vinculadas, ou simplemente interesadas, na historia de Marín a unirse a este proxecto que ten como obxectivo que a nosa vila conte cun Museo do Mar permanente que conserve e difunda os sinais de identidade deste noso pobo mariñeiro", expón o presidente do colectivo José Antonio Pérez Santiago.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine