17 de mayo de 2018
17.05.2018

Anselmo López: "As sociedades avanzadas coidan máis do seu patrimonio"

18.05.2018 | 04:55
Anselmo López Carreira. // G.Núñez

Catedrático de Historia no IES María Soliño e historiador vencellado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica centrada especialmente na época medieval en Galicia. No libro "Cangas na Idade Media" indaga no nacemento do municipio, que a penas conta con documentación. Hoxe recibe o premio Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio que outorga o Concello de Cangas.

-Agardaba este premio? Que motivos lle deu ao xurado?

-Cólleme de sorpresa porque ademais nunca se me ocurrira pensar nel. Non quero caer na falsa modestia ao dicir que non o merezo, pero os motivos van no meu oficio de investigador. Neste caso pode deberse ás aportacións realizadas nun pequeno traballo contido no libro "Cangas na Idade Media" que trata de indagar no nacemento do municipio a través da documentación existente, que hai que recoñecer que non é moita.

-Ponse en valor a Historia como fonte de recuperación do patrimonio...

-Naturalmente. O termo patrimonio engloba un campo semántico amplísimo. Lembro que houbo un proxecto de Plan Xeral no que chegouse a dicir que o casco histórico de Cangas non é significativo. Parece que sen grandes monumentos non hai patrimonio histórico, como se non o foran as rúas, a igrexa colexiata (que se empezou a construir a finais do século XV) ou un monumento moi descoñecido e que convén sacalo á luz como é a ponte medieval soterrada baixo a Praza das Pontes. Tamén é patrimonio a fábrica de Massó, ademais exemplo de patrimonio industrial, que hai que poñer en valor.

-Hai certa inclinación social a pensar que a historia depende de quen a conte, que non é tan rigurosa como debería.

-As ciencias humanas, sexa a historia, a filosofía ou a literatura, están moi comprometidas, moi mediatizadas e son facilmente influenciables, mais o historiador debe procurar un relato verídico, con fontes documentais e con rigor. A ideoloxía do historiador debe ter como límite as fontes, debe tratar de transmitir a realidade sobre esa base. Tamén é verdade que a súa ideoloxía ten moito que ver co tema que escolle, o que máis lle interesa desenvolver a cada un, pero sempre debe ser riguroso e ir máis alá das simpatías.

-Que diagnóstico fai do estado de saúde no noso patrimonio?

-Xa dixen que o patrimonio é un concepto excesivamente amplo. Eu nunca o concebín como patrimonio material, senón un conxunto, o patrimonio xeral da sociedade. Non é un traballo só de erudición, de sacar documentos á luz, senón de concienciar á sociedade do que ten, do que recibimos dos nosos devanceiros e do que hai que seguir construido para as xeracións futuras. As sociedades máis avanzadas e integradas danlle máis importancia ao patrimonio, e nos deberiamos tomar exemplo. Eu teño que recoñecer que non son moi optimista do que lle estamos deixando aos que veñen detrás.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine