Mañá, Día das Letras Galegas, o palco da música de Moaña acollerá un festival de música tradicional. Organizado polas asociacións folclóricas da vila, o evento comezará ás 19.00 horas cun desfile dende a estatua dos mariñeiros da alameda ata o propio palco, no entorno da praza de abastos. Ás 19.30 horas comezará o festival coas actuacións dos integrantes das asociacións Breogán, Charaviscas, Solaina e Os Chaneiros, de Marín. En caso de choiva os concertos serán no salón de actos do IES As Barxas.

Por outra banda, o sábado 19, ás 19.00 horas, o centro Rosalía de Castro de Domaio acolle unha festa polas letras organizada por Charaviscas. Actuarán Xavier Blanco e Salva Meira, as pandereteiras de Charaviscas e o seu grupo infantil. Tamén o grupo de teatro deste colectivo.