Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Colectivo multidisciplinar

Xosel e Helena manipulando.

Cinema Sticado é un colectivo multidisciplinar de artistas que nace en 2012 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xurden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no ámbito da representación en vivo e en directo. O núcleo do colectivo está composto por Xosel Díez -enxeñeiro e creador audiovisual- e Helena Varela -actriz de teatro e cine- O obradoiro de traballo está ubicado na pensínsula do Morrazo..

O labor que realizan, segundo documentación colgada na súa web ( cinemasticado. com), combina artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e video en tempo real -non empregan material pregrabado- apoiándose no uso de cámaras, micrófonos e ferramentas propias programadas en software libre (pure data) para facer películas en directo e proporcionar ao espectador unha experiencia visual e presencial única e asombrosa.

A súa intención é, por unha banda, dotar dunha función presencial e evidente aos elementos da representación en vivo (actores, decorados, personaxes, sons, imaxen e tecnoloxía), e pola outra, manter o fío dunha ficción á que o público -aínda consciente de cómo se está xestando- non poida sustraerse. Paradóxico doble espectáculo có que estimular a imaxinación da audiencia dun xeito particular e inspirar a reflexión.

A primeira produción (STRPTS// episodio 1: Mirlo & Rula), resultado de máis de dous anos de investigación, tivo a estrea absoluta no Festival ALT'15 de Vigo.

Nela cóntase a historia dun home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) que cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces. Será unha fuga tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.

Os creadores e performers en directo son Xosel Díez e Helena Varela. Os debuxos , de Xabi Varela; a iluminación led, de Man Núñez e os decorados de Nola Rivera.

A distribución de Mirlo & Rula é sen dúbida unha mostra clara dese carácter fronterizo entre cine e teatro. Estivo presente en salas e festivais de teatro: Sala Ensalle de Vigo, Festival de Teatro de Carballo, Feira de Teatro de Bonecos e Formas Animadas de Fafe en Portugal mais tamén en Festivais de Cine como, entre outros, no Creative Commons Film de Almería ou a Semana de Cine de Cangas.

En Galicia, ademais dos lugares xa citados, tamén se representou en Lalín, Xunqueira de Ambia,· Pontevedra, Santiago de Compostela, Porriño, A Coruña e Neda. E fóra, en Sevilla, Santander, Bilbao, Vitoria, Almería e Manacor.

Subliñar que en Polonia levou en 2017 o Premio á Innovación no Festival Anim Art de Lódz.

E a súa andaina continúa: En xuño estarán no Theaterfestival Baden (Suiza), seleccionados con catro espectáculos máis de todo o mundo, para participar no concurso Grünschnable 2018. Na Salaa Ártika de Vigo poderán ainda verse os días 29, 30 de xuño e o 1 de xullo.

En setembro viaxan ao International Puppet-Theatre Festival "Three Are Too Many, Two- Not Enough "& TheatAir en Plovdiv (Bulgaria)

E hai que agardar ao mes de outubro no que estrearán STRPTS: Fin de Tempada (continuación de STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula)

Helena e Xosel seguen creando co impulso dese inesgotable combustible que son a curiosidade, a sede de coñecemento e a necesidade de romper límites.

Compartir el artículo

stats