Máis 2.000 escolares da comarca do Morrazo participarán o mércores no Correlingua do Morrazo, unha festa reivindicativa ao redor da lingua galega que se celebra en maio co gallo do Día das Letras Galegas. Este ano haberá unha ducia de Correlingua por toda Galicia, entre o 2 e o 16 de maio, e o de Bueu será o primeiro de todos. A programación incluirá unha marcha polo centro da vila con saída e chegada na Praza Massó, así como a lectura dun manifesto e as actuacións de Cé Orquestra Pantasma e Bulebule.

O alumnado de educación infantil que debido a súa curta idade non participe na marcha polas rúas de Bueu quedará na Praza Massó participando en obradoiros vencellados a lingua galega.