Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Guerra da Independencia no Morrazo (I)

As milicias das xurisdiccións da contorna de Pontevedra e os paisanos da comarca vanse agrupar en torno a figura do fidalgo e armador do pazo de Chirleu, Gago de Mendoza

Fragata inglesa Venus nun combate. // A. autor

A guerra contra os ingleses, cuxa incidencia era notoria en Galicia, provocou que fosen numerosas as tropas instaladas nas cidades da costa e do interior e non menos, algúns dos barcos do corso que se dedicaban a hostigar aos navíos inimigos que se achegaban ás nosas costas. Ao se producir a invasión francesa e declarada a guerra contra eles o 2 de maio, as tropas españolas non conseguían enfrentar con éxito a loita polo que a maioría das gornicións galegas pasaron a integrar o chamado Ejército de la Izquierda (referencia xeográfica) e combater fóra da nosa xeografía, deixando sen protección ás capitais galegas que caeron logo rapidamente en mans das tropas de Napoleón. Xa que logo, a loita contra os franceses vai recaer principalmente na mobilización popular, propiciada basicamente polo clero e os fidalgos e comerciantes adiñeirados, que estimularon uns e financiaron os outros, as partidas e milicias de cadansua xurisdición. A primeira cidade que se ergueu en armas contra os franceses foi A Coruña, o día 29 de maio e no día seguinte Santiago cuxa Xunta Central espalla a noticia do soerguemento a outra vilas e cidades, chegando esta a Cangas o día 31 para que a poboación útil (16 a 40 anos) se apreste á defensa e se aliste nas milicias que en pouco tempo van a reunir máis de 2.000 homes na xurisdición de Cangas. Algúns nobres e fidalgos que ostentaban antigos cargos militares de caudillos ou xefes de milicias como os señores do Foxón ou os do Rosal, tamén van acudir como oficiais, mandando tropas e partidas pero en zonas máis próximas á suas posesións fóra do Morrazo.

Un dos feitos curiosos é o do apoio explícito de Inglaterra nesta loita, pois España estaba ata este momento en guerra con este reino e non sería ata o día 14 de xaneiro de 1909 en que se asinase unha paz oficial. Porén, desde o 3 de agosto de 1808 xa se tiñan comisionado a Londres diferentes representantes das xuntas de guerra, que pola Galicia foron os deputados Sangro e Freire, para recabar cartos, fusís, munición e roupas ou teas para uniformes. Neste contexto, os barcos de guerra ingleses desembarcarían tropas en Lisboa (xeneral Moore) e na Coruña (división de Baird) e comezarían tamén a vixilar as costas galegas e un deles, a fragata de guerra inglesa de 50 canóns HMS Júpiter había naufragar nas Cíes por unha via de auga o 10 de decembro de 1808, salvándose toda a tripulación. Traemos este episodio a conto porque os despoxos deste barco serían motivo de controversia en Cangas como relataremos máis adiante. Neste mes, chegarían ordes ao distrito de Cangas de facer acopio de armas e roupa de inverno para avituallar ás milicias, labor que desempeñarían posteriormente as fragatas Lively e Venus, armadas con 38 e 36 canóns cadansúa, desde as que se suministraban armas e municións ás partidas, contribuindo tamén coa sua artillería á toma dalgunhas cidades e vilas como Marín, Pontevedra ou Vigo.

Pontevedra e Marín

Os exércitos de Moore e Baird repléganse pola Coruña e reembarcan o 16 de xaneiro, despois da batalla de Elviña e 3.400 homes da brigada de Crawford sepáranse destes en Pedrafita para dirixirse a Vigo onde embarcan o día 18, cinco días despois da sua chegada á cidade con restos do exército español do marqués de La Romana que abandonaría a cidade días despois permitindo a rápida ocupación francesa das nosas desprotexidas cidades, ocupando Pontevedra o 21 de xaneiro e Vigo o 31 do mesmo mes.

Xa desde bastantes días antes, víñanse organizando as milicias ou alarmas das xurisdicións da contorna de Pontevedra e os paisanos do Morrazo, arredor duns quinientos, vanse agrupar en torno á figura do fidalgo e armador do pazo de Chirleu, Juan Antonio Gago de Mendoza, que xa se tiña distinguido na sua loita contra os ingleses, abandeirando varios barcos ao corso. Armados en augas de Marín pola fragata inglesa Lively, mandada polo almirante George McKinley, Gago de Mendoza e o seu segundo Manuel Alarcón vanse distinguir cos seus paisanos do Morrazo no asalto a Pontevedra do día 5 de marzo desde Campolongo onde tiñan o cuartel xeral pero do que tiveron que recuar cara os montes nos que se asentaban polo embate dos franceses.

O 22 de marzo e na escaramuza de Pontesampaio, tamén se van distinguir as alarmas do Morrazo ao aportar Gago de Mendoza duas pezas de artillería coas que contribuiron a cortar o auxilio francés a Vigo. A chegada de Pablo Morillo, enviado pola Junta Central e de Bernardo González Cachamuiña vai provocar unha reorganización das forzas en reximentos, asumindo estes o control e mando das dispersas milicias e dos seus caudillos para unha maior efectividade bélica. Os últimos días de marzo de 1809 vaise producir a reconquista de Vigo na que Gago de Mendoza vai ter importante participación cos seus homes e unha lancha canoneira ao mando do seu irmán Antonio Benito que partiu de Cangas para canonear as murallas de Vigo desde o mar. Asemade, nunha moi particular actuación bélica, apoiado polos canóns da fragata Lively, conseguiu liberar Marín dos franceses o día 4 de abril, feito polo que sería penalizado polo coronel Pablo Morillo por actuar sen o seu consentimento. Contodo, as Alarmas do Morrazo, integradas no exército ainda habían ter importante participación na definitiva Batalla de Pontesampaio e na liberación de Pontevedra, que ampliarían o curriculo bélico que nunca lle foi recoñecido a Gago de Mendoza para obter a vella reclamación de alcanzar o grao militar de alférez de fragata.

Cangas

Agás o forte de San Fernando de Marín que foi ocupado polos franceses, a maior parte do Morrazo viuse libre da sua presenza militar e do único que se pode dar noticia é da sua presenza nalgunhas partes en canto á requisas de gando e outros bastimentos para soster as gornicións de Pontevedra, Marín e Vigo. No cerco e vixilancia desta cidade, da ría e nos fachos para previr a chegada de barcos franceses, xa consta a presenza de mariñeiros de Baiona, de Bouzas, de Moaña e de Cangas pero a chegada dos franceses á esta última poboación non se vai producir ata o día 10 de febreiro de 1909 en que desembarca no peirao un oficial de cabalaría e seis soldados que conminan ao rexedor e xuiz José María Sequeiros (ver anexo I) a acatar ao novo rei francés José I, a darlle suministros e a atender a vixía do Castelo á que destinaron un piloto ou home de mar. As requisas de alimentos e materiais das poboacións da ría de Pontevedra facíanas soldados franceses proviñentes desta cidade e Marín, entanto que as da ría de Vigo eran visitadas polos ocupantes desta cidade. Por un dos escasos informes existentes sobre estas requisas francesas sabemos que na Xurisdición de Cangas as reses incautadas foron: Darbo 1, Hio 3, Coiro 2, Bueu 2, Cela 8, San Tome Freixeiro 2, Campo 1, Ardán 5 e Tirán 1 e na Xurisdición de Pontevedra: Os Cobres 18 e Vilaboa 23 reses. Non duraron moito máis estas requisas no Morrazo pois o cerco ás prazas ocupadas era cada vez máis estreito, dificultando as saidas dos franceses e mudándose as tornas ao abastarse agora do gando, forraxes e millo as alarmas, milicias liberadoras e incluso á fragata inglesa Venus, ao mando de James Coutts Crawford, por medio de axentes suministradores e veciños que recibían, ao menos así consta, o seu pago correspondente ainda que tamén se fan requisicións. A presenza de mandos e tropa das alarmas de Gago de Mendoza, algúns visitando ás suas familias, chama a atención dos veciños deste lado da ría, ao estar concentrándose para iniciar o asalto que liberaría a Vigo da ocupación francesa.

O exército francés en Cangas

Auto:

En la villa de Cangas, a diez días del mes de febrero año de mil ochocientos y nuebe, el Señor Dn. Josef María Sequeíros, Abogado de la Real Audiencia de este Reino, Rexidor perpetuo de esta villa y Juez y Justicia Ordinaria en ella y su jurisdicción, por ante mí, escribano, díxo: Que la mañana de oy ha entrado en esta villa, que por mar desde Vigo ha venido a desembarcar a ella, un oficial de cavallería del exército de S. M. I. Y R. el Emperador de los france¬ses, Rey de Italia, quien intimó de palabra al que probehe, a presen¬cia del presente escribano, en la casa en que se hace consistorio, de parte del Señor Coronel de Cavallería (barón Girardin do 8º reximento de dragóns) del mismo exército, Gober¬nador Comandante de la Plaza de Vigo, según lo que se pudo com¬prender por medio del intérprete que le acompañaba, lo siguiente:

Que se haga requisición de forraxes de paxa, cebada, granos y otras subsistencias y ganados que puedan hallarse en este partido de la jurisdicción.

Que en el término de tres días se aprontasen doscientos pares de zapatos; a lo que haviéndosele hecho presente la imposibilidad por no tener este partido materiales y que los pocos oficiales de zapate¬ría se surten para los encargos que se le hacen, en que ganan su vida, de las villas de Vigo y Pontevedra, y que no tienen caudales para hacer tal acopio, que a los pueblos de Santomé de Piñeiro, Santa María del Campo y Santa María de Ardán han venido tro¬pas de la misma nación desde el puerto de Marín a hacer concurrir a Pontevedra los oficiales zapateros de ellos para travaxar para dicho exércíto, y que en esta villa está reducido el número de ellos a tres, accedió a que se le remitan éstos a travaxar a la villa de Vigo, a disposición de dicho Señor Comandante Governador.

Que se jurase la sumisión y obediencia a Josef Napoleón Prime¬ro, y que se haga notorio la victoria del exército francés de haver despoxado y echado de este territorio al de la nación inglesa; y ha¬viéndosele satisfecho de que esta villa tiene cumplido dicho jura¬mento en virtud de orden del Exmo. Señor Francherki (sic), Comandante de esta Provincia de Santiago, lo tubo por bastante y mandó executar lo segundo.

Que S. E. el Exmo. Señor Duque de Dalmacia ordena que la vi¬gía del Castelo de este territorio se avilite, guarneciéndose de dos marineros que auxilien al piloto que venga encargado della, remitido de la villa de Vigo, y asistan allí con dicho piloto diariamente. Y que el que probehe será responsable de qualquiera falta, así como queda a su orden y cargo todo quanto conduzca al asunto. Cuio cavallero oficial con los seis soldados que trahía de auxilio, se bolvió a retirar este mismo día para la villa de Vigo; y por quanto para estos encargos tiene el que probehe dado las órdenes con¬duzentes, manda que por lo que respecta a dicha publicación y ha¬cer notorio la expulsión del exército inglés se forme edicto y se fixe en la plaza pública de esta villa y además se despachen órdenes círculares a las feligresías de los dos partidos de esta jurisdicción, de que se ponga copia de dicho edicto a continuación de este auto por el que así lo probehió en este papel por falta del sellado que aun no ay en el depósito de esta jurisdicción, vaxo la reserva de su reintegro firmado según yo escribano do fee. Firmado y rubricado:

Sequeiros.-Ante mí: Guardado. Signado y rubricado.

(*) Mestre e historiador de Cangas

Compartir el artículo

stats