04 de abril de 2018
04.04.2018

O xerme do teatro nas táboas de Cangas

O actor Adrián Ríos e a obra "Chicago Killers" abren a 9ª edición do Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo

04.04.2018 | 05:47
Adrián Ríos, no centro, durante o pregón de onte. // Gonzalo Núñez

O teatro afeccionado será o protagonista da escena en Cangas dende onte e ata o vindeiro 12 de xuño, grazas á novena edición do ciclo Citeamor. Onte se representou a primeira das obras, titulada Chicago Killers e representada polos actores de Atrezo Teatro. Previamente, o actor moañés Adrián Ríos encargouse de ler o pregón desta edición. Puxo en valor ao teatro afeccionado e escolar como "xerme" desta arte e garantía do futuro que ten. Fixo fincapé tamén en valores como a ilusión, a aprendizaxe e o traballo, que el entende como inseparables da súa profesión.

A 9ª edición do Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo "Citeamor", arrincou onte coa representación no Auditorio de Cangas da obra Chicago Killers, escrita por Jessica Roade e interpretada polos actores de Atrezo Teatro, dirixidos sobre as táboas por Chelo Pampillón.

Antes de que comezase a representación o actor moañés Adrián Ríos, recoñecido nestes momentos pola súa participación na exitosa serie Fariña, encargouse de ler o pregón do Citeamor 2018. Tras buscar a complicidade do público presente recoñecendo que era o seu primeiro pregón, indicou que ao escoitar xuntas palabras como "teatro", "escolar" e "afeccionado" lembrou os seus comezos no oficio. "Véñenme á cabeza as palabras que me xurdiron por aquel entón: Ilusión, aprendizaxe, traballo. A día de hoxe estas palabras non desapareceron da miña cabeza cando penso nesta arte". Realmente son o motor desta fermosa maquinaria que se chama teatro", relatou.

Para Adrián Ríos o teatro afeccionado e escolar é "a base e o xerme do teatro. E gústame pensar no Morrazo como núcleo deste xerme, que adica dous meses ao ano a este teatro".

Tras explicar aspectos da arte do teatro como a aprendizaxe con cada personaxe ou a ilusión por transmitirlle ao público, o pregoeiro lembrou aos presentes que é posible chegar a ver a moitos dos actores do Citeamor deste ano en ámbitos de éxito nun futuro.

A obra Chicago Killers tomou despois o relevo. Trátase dunha comedia ambientada na Illinois dos anos 50, en medio dunha oleada de crimes, corrupción e manipulación mediática.

Todos os martes

A obra de onte foi a primeira das que se representarán no ciclo deste ano. Os afeccionados ao teatro poderán gozar de obras cada martes a no Auditorio ata o 12 de xuño.

A vindeira semana, o 10 de abril, Teatro Aberto porá en escea a obra Mulleres da mar tendida. Despois DOA.Furafollas Teatro representará Love me tender. Escenas de microteatro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine