Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cangas 1617: "A defensa da vila, María Soliña" (2017-2018)

"A defensa da vila. María Soliña" (2016-17). Dirixida por Casilda Alfaro, Sonia Rúa e Salvador del Río. Na fot, Iria de Pazos Bugarín (1º plano) e outras integrantes do elenco. // Diego Seixo

Esta é a montaxe de rúa que Teatro de Ningures coordinou e produciu en decembro de 2017 en lembranza daquel decembro de 1617 cando a vila de Cangas sufriu a invasión dunha flota berberisca que deu lugar a historia de María Soliño? Por inclemencias do tempo tivo que representarse no Auditorio Municipal mais logo, o 28 de xaneiro de 2018, foi reposto nas rúas de Cangas cunha moi boa acollida de público. Público que agradecería que para próximas edicións puidera gozar de mellores condicións de visibilidade coa instalación de plataformas axeitadas para as diferentes escenas. No reparto: Iria de Pazos, Aitor Rei, Pran Paredes, Sara Malvido, Lois Soaxe e Adrián Ríos. Coa participación das Asociacións: A Cepa, Adicam, Ameaca de Bombo, Emaec, Illa dos Ratos, Lembranzas das Ria, Peisd´hos e Sueste.

María Soliño é unha figura con moita presenza na traxectoria artística de Teatro de Ningures desde os seus primeiros pasos como compañía profesional. En 1989 na súa primeira montaxe con este título escriben no caderno do espectáculo: "?Nós non queriamos facer unha obra historicista, senón aproveitar os datos históricos para transcendelos e montar un poema dramático sobre a soidade, a incomprensión, a intransixencia - coa superstición e a cobiza ao fondo -na liña que marca o poema de Celso Emilio en canto ao fondo e do traballo de grupo coa improvisación e investigación no tocante a forma" e coa dirección de Etelvino Vázquez neste proxecto. Naquela ocasión a interpretación estivo a cargo de Silda García, Xosefa Barreiro, Sonia Rúa, Ricardo Conde e Marcos Vieitez. ( O texto teatral de Xosé Manuel Pazos/ Etelvino está publicado no Caderno do Espectáculo editado pola propia compañía. Logo haberá unha nova edición na erregueté Revista Galega de Teatro nº 18 conxuntamente con "Crónica de Pantagruel").

Mais as posibilidades escénicas de María Soliño para un espectáculo itinerante e procesional de rúa están latentes no texto e este vai ser o proxecto que presente Teatro de Ningures en 2009 ao Concello. O título para esta ocasión será: O desembarco dos turcos: María Soliña e será representado durante o verán. Baseado nos textos de Pazos e un poema de Enma Couceiro o axeitado é dicir que o reparto e o protagonismo estivo non só na interpretación de María Salgueiro, Aitor Rei e Fran Paredes , na danza de Carmela Bueno, Leticia Alfaya, Lauren Atanes, na música orixinal de Xosé Pumar, na zanfona de Sara Malvido, no vestiario de Sonia Rúa? senón tamén nos figurantes : alumnado da Escola de Municipal de Teatro e Grupos de Teatro Afeccionado de Cangas. Nos patróns dos barcos? E o público que inundou as rúas.

Parabéns para Teatro de Ningures que nestas dúas experiencias mostrou, entre outras cousas, a capacidade de convocar a actores, actrices, músicos e colectivos para poñer en pé unha representación artística de calidade.

Por outra banda, o éxito acadado indica que este evento debería ser apoiado e potenciado polas institucións públicas nomeadamente Concello de Cangas e Deputación de Pontevedra- á marxe da cor política- e tamén polo comercio local para converter a Cangas nunha cita artística para as veciñas e veciños e tamén, por que non? para o turismo.

Compartir el artículo

stats