Antes do pregón, que coincidiu co inicio dunha chuvia feble, a Praza da Constitución acolleu un desfile de disfraces para todos os públicos, organizado polo Colectivo Saljaritos, e a actuación do grupo musical Black Stereo. Despois actuaron ta as comparsas Marcha Loca, Máis ou Menos e Os de Sempre, e ás 11 da noite comezaba o baile de Entroido organizado polo Alondras nunha carpa instalada en Ojea.

Para hoxe ás cinco da tarde está programado un desfile infantil con acompañamento de comparsas desde o consistorio ata a lonxa, con regreso por Eduardo Vincenti ata a Praza da Constitución, pero este acto quedará suspendido se chove, segundo indica a organización. Ás seis da tarde actuarían as comparsas e para media hora despois está programada unha festa infantil coa actuación de Magín Blanco, na Praza da Constitución, pero que se trasladará ao Auditorio municipal se hai mal tempo.