11 de febrero de 2018
11.02.2018

Charangas e murgas estrean hoxe o Carnavaldán

11.02.2018 | 02:21

Hoxe bota a andar o Carnavaldán 2018, que estará amenizado polas charangas Amigos a Colores, Mil 9, Imperiais, Tocades Vós e os gaiteiros Serradela, ademais de murgas e comparsas. Os pasarrúas dos gaiteiros comezarán ás 10.30 horas para percorrer os lugares de Espiñeira, San Cibrán e Herbello. Pola tarde, desde as cinco, haberá xogos para os rapaces e bule bule na carpa a partires das 20.00 horas coa música dos gaiteiros Serradela e Tocade Vós. Ás dez da noite está previsto que actúen as murgas e ao remate das actuacións continuará o bule bule "ata caer de cú".

Mañán será a charanga Mil 9 a que se encargue dos pasarrúas por Piñeiro, Gandón e Menduíña, con saídas ás 10.30 horas desde a carpa con "todo quisque que queira acompañala". Pola tarde, bule bule desde as 20.00 horas con Mil 9 e Tocade Vós, e desde as dez da noite actuación das murgas e bule bule ata as tantas. A comparsa A Escachar e a charanga Imperiais farán o pasarrúas o Martes de Farrovellos por Espiñeira, San Cibrán e Herbello para rematar cunha laconada. Ás 15.30 sairá a gran comparsa A Cojonuda por Piñeiro, Gandón e Menduíña, ata enganchar co bule bule.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine