17 de enero de 2018
17.01.2018

Récord de participación nos premios Johán Carballeira

Un total de 73 poemarios optan ao premio de poesía. Na sección de xornalismo hai trece traballos

17.01.2018 | 20:27

O prazo para participar nos premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo que convoca anualmente o Concello de Bueu rematou esta semana. Este ano acadouse un novo récord de participación na modalidade poética posto que se presentaron un total de 73 poemarios. No tocante ao galardón xornalístico serán trece os traballos que optarán ao premio.

Ao longo das vindeiras semanas a Concellería de Cultura de Bueu reunirá aos xurados encargados de valorar os traballos e o nome das persoas gañadoras dará a coñecerse nas datas previas ás Letras Galegas. O premio consistirá na entrega de 1.500 euros e, no caso do certame poético, inclúese ademais a publicación do poemario a cargo de Edicións Xerais.

Este certame é unha homenaxe ao político, xornalista e poeta José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. A edición de poesía cumpre xa 21 anos e ao longo deste tempo foron premiados Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila ou María Reimóndez o pasado ano. No tocante ao galardón de xornalismo van xa 15 edicións e entre os seus gañadores destacan, entre otros, Francisco Seoane, Moncho Paz, Cristian López, Antón Lopo ou Arturo Sánchez Cidrás. O ano pasado o premio foi compartido entre María Obelleiro e Montse Dopico.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine