Unha hora antes do pregón no palco da alameda, que precedeu a un emotivo Cantar de Cego e un breve concerto de Amigos da Canción, abriu o Mercado Campesiño e Mariñeiro, previsto nos arredores da praza de abastos pero que as inclemencias meteorolóxicas obrigaron a acollerse no primeiro andar do inmoble, donde se despregan máis dunha vintena de postos de venda de productos e artesanía e outras mercadorías artísticas, gastronómicas e de curiosidades. Hoxe manterase a actividade, e tamén mañá ata as tres da tarde.

O programa tamén contempla para hoxe un xogo de bolos celtas na explanada de Ojea, a mediodía, e ás 13.00 horas un espectáculo do Mago Marco, na praza de abastos. Pola tarde seguirán os talleres artesanais, a versión infantil da "Defensa da vila", que inclúe múltiples actividades na casa consistorial, desde as cinco, representación teatral de "O timador", nos xardíns de Soage (18.00 horas) e a recreación de momentos musicais E bailes de época "Un día na vila de Cangas alá polo 1617".