| O músico e escritor Xurxo Souto e a Coral Polifónica de Bueu estarán o vindeiro sábado dentro do elenco de artistas que actuarán na Gala do Patrimonio que se celebrará en Cangas. Esta mesma semana xuntáronse na Casa da Música de Bueu para ensaiar xuntos posto que terán interactuar sobre o escenario. Será unha intervención moi relacionada co mar, cos mariñeiros e coas mulleres traballadoras. Non vai faltar a peza "María Soliña", poema de Celso Emilio Ferreiro.