E complicado resumir estes 20 anos nun artigo, xa que polas suas clases pasaron en torno a 1000 nenos e nenas, que representaron unhas 100 obras diferentes, polo que resulta imposible mencionar todas esas montaxes así como os seus elencos. Esta arte, así como as outras que poden practicar o alumnado de primaria, música, pintura, danza?, hai que impartilo dunha maneira atractiva, o fundamental e que os rapaces sobre todo se divirtan o mesmo tempo que aprenden a traballar en equipo, a expresarse coa palabra e co corpo, e a superar a súa timidez.

As súas clases se dividen en dous bloques; na primeira parte se traballa a expresión corporal, o movemento e a relaxación a través da música. Tamén se traballa a capacidade de expresar emocións, tanto coa fala, a mímica e o baile. Traballando estes aspectos os nen@s obteñen un coñecemento mellor deles mesmos. A segunda parte se adica o traballo grupal, favorecendo a relación e comunicación cos compañeiros, mellorando a capacidade de traballo en equipo. Nesta parte soen acabar as clases coa creación dunha miniobra cada semana, desenrrolando o hábito de crear, de dar via libre a súa imaxinación e adquirindo o gusto por interpretar persoaxes diferentes. Tamén lle serve para practicar a capacidade de tomar iniciativas, favorecendo así a confianza e seguridade en eles mesmos.

Mosta Teatro Escolar

En octubro de 2001 inaugúrase o ansiado Auditorio Municipal de Cangas, unha reivindicación de varios colectivos do pobo, e sempre o fronte os afeccionados ó teatro. Aproveitando esta estrea, dunha xuntanza entre Rosi Figueroa e Xoan C. Rioboó xurde a idea de realizar unha mostra anual de teatro infantil, onde os grupos dos diversos colexios do pobo podan mostrar os seus traballos. Gracias as facilidades dadas por Juanjo Pérez, director do auditorio municipal, o 20 de xunio de 2002 celebrouse a 1ª edición da Mostra de Teatro Escolar de Cangas. Dende esa primeira edición ata a deste próximo ano que será a XVII , e que se celebrará o 2 de xuño de 2018, a dirección sempre nos reservou unha data dentro da programación do auditorio, dándolle a importancia que esta actividade merece, tanto a nivel formación como a de creación de futuros afeccionados- espectadores teatrais. Tamén agradecer a axuda que durante estes anos nos brindaron os técnicos do auditorio, Antonio, Andrés e Paco.

A historia da mostra é a historia dos nenos e nenas que pisaron as táboas do auditorio, para case todos a primeira vez que se poñian diante de tanta xente. Uns o disfrutaban moito, e para outros era un reto maiúsculo superar a súa timidez e actuar diante dunha platea totalmente chea. E imposible nomear ós máis de mil pequenos actores e actrices que pasaron por esta mostra, e por iso os vou personificar nun só, Pablo Gayo, o que máis veces participou nesta mostra, xa que só se perdeu as dúas primeiras edicións.

Pablo era un alumno do colexio de Castrillón, que no seu primer ano en educación infantil, tiña 3 anos, empezou na actividade extraescolar de "Expresión e contacontos". Como moitos outros alumnos, unha vez empezan en teatro non soen abandoar a actividade ata rematar a súa etapa escolar. Este tamén foi o seu caso, xa que estivo dende os 3 ós 12 anos, participando como actor en nove edicións da mostra.

Continuou facendo teatro unha vez empezou no instituto, sempre baixo a dirección de Rosi , e participando nas sucesivas edicións da mostra pero agora como presentador. O igual que Pablo, foron varios os alumnos que participaron nunha gran cantidade de edicións da mostra, actuando e despois presentando, entre eles Ana Mariño, Paula Broullón, Rosa Escolano, Paula Martínez, Daniela Rodríguez, Ana de Sá, Lorena Piñeiro, Marta Camaño, Iván Pazó, Lucía Corbacho, Dani Calvar e Hugo Entenza.

Como comentara antes, Rosi deu clase en tódolos centros públicos de Cangas pero empezou a súa traxectoria no único centro privado no que impartiu a actividade. Foi no ano 1998 no colexio Compañia de María de Cangas. Como resultado do curso representaron no salón de actos do colexio una pequena obra que reflexionaba sobre a importancia da imaxinación e a creatividade frente a apatía provocada pola televisión.

Colexio Castrillón

No ano 1999 Rosi recibe a chamada por parte da Anpa Fornobedo do colexio Castrillón-Coiro, para impartir a actividade de teatro neste centro. Este primer ano puso en marcha dúas actividades, a actividade de teatro propiamente dita, para alumnado de 3º a 6º de primaria, e outra denominada " Expresión corporal e contacontos" para nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de primaria. Ese curso foi o primeiro dunha relación que perdura ata hoxe en día, sendo o curso actual o 19º consecutivo no que imparte a actividade, e sempre mantendo un número moi importante de participantes, converténdose nun colexio con moita tradición teatral. De feito no curso actual é con bastante diferencia o centro cangués con máis nen@s inscritos, cun total de 60, en contacontos 25 e en teatro 35.

O colexio de Castrillón participou en tódalas edicións da Mostra de Teatro Escolar de Cangas, dende a primeira edición que debutaron con " O homiño de papel" de Fernando Alonso, ata a última onde representaron dous textos escritos por min, titulados " O Neno" e " Xoan Senmedo". Cabe salientar tamén os textos que José Calvar, compañeiro en "Teatro de CadaQuén", escribiu para este grupo, "Unha de medo", "Supermón" e " Breixo Louro: detective Privado".

Durante estes anos foron moitos os textos teatrais que adaptei para os distintos centros onde Rosi imparte clase. O principio eran obras de teatro onde so tiña que recortar texto, desdobrar persoaxes ou crear algún novo coa súa propia trama, para adecuar o número de persoaxes ó número de nenos que integraban ese grupo. Posteriormente foi convertir en obras de teatro contos publicados, creando unha funcíón ,de arredor de 20 minutos, a partir de 10 ou 12 viñetas e un pouquiño de texto. "Moncho e a mancha", " A vaca Marjorie" ou " O León que non sabía escribir" foron algúns destes casos. E por último chegaron as obras orixinais. De entre estas, da que gardo un mellor recordo é " Memorias Desmemoriadas" pertencente o curso 2015-2016 do colexio de Castrillón. Era un grupo de rapaces e rapazas moi talentosos e moi motivados. Escribir para xente que coñeces ben e máis doado, porque mentras escribes xa imaxinas como van a pronunciar cada unha das frases que se che van ocurrindo.

Colexio San Roque

Rosi empeza a impartir a actividade de teatro no Ceip San Roque durante o curso 2000-2001. A Anpa e a dirección do centro sempre apostaron decididamente pola actividade de Teatro, e o profesorado implicouse moitos anos na confección dos decorados, sobre todo as profesoras de infantil e o actual alcalde de Cangas Xose M. Pazos. Os nen@s de teatro de San Roque representan cada ano as obras un mínimo de tres veces, xa que ademais do auditorio dentro da Mostra de Teatro Escolar, actúan no festival organizado pola Anpa e tamén para todos os seus compañeir@s e profesores na Semana Cultural organizada polo centro. O Colexio de San Roque e xunto co de Castrillón os dous únicos centros que participaron en tódalas edicións da Mostra de Teatro Escolar, onde representaron obras como " Quen poidera namorala" de Manuel Chapela, "Quico" de Miguel Medina ou " Restaurante Farruco"de Chus Pereiro.

Colexio do Hio

A actividade comeza no curso 2009-2010, e xa desde ese primer ano, sempre mantivo un número importante de participantes. O primer ano formouse só un grupo de primaria, pero en anos sucesivos a demanda medrou moito, chegando a participar este centro na mostra con tres grupos diferentes, dous de primaria e un de infantil. Foi o o último dos colexios en debutar na mostra, sucedeu na IX edición coa obra " Mamasiña que medo " de Chus Pereiro. En anos posteriores representaron " O Monstro de cores", " A cebra Camila" ou " O Capitán Tortachula" entre outras.

Colexio Espiñeira

Este colexio da parroquia de Aldan ten como peculiaridade a pequena cantidade de alumn@s das súas aulas, a penas son 70, dándolle así un carácter moi familiar, xa que todo o alumnado se coñece entre si. Isto facilitou moito un traballo que noutros centros sería moi complicado, dar clase de teatro o mesmo tempo a alumnos de entre 5 e 12 anos. " Rato Tom e rata Tomasa" de Marisa Nuñez, e " Un conto con moito conto" unha versión libre de José Calvar sobre o conto dos 7 cabritiños, foron as obras que representaron estes dous últimos anos.

Ademáis dos centros onde continua impartindo clase, Rosi tamén dirixiu os grupos de Nazaret e A Rúa. En Nazaret tivo dúas etapas; a primeira con alumnos de 3º a 6º de primaria, onde un grupo non moi numeroso, apenas eran 6, representaron " O escenario é o ceo". A falta de alumnos provocou a non continuidade do grupo o curso seguinte. Uns anos despois retomouse a actividade de teatro neste centro, pero nesta ocasión dirixido sobre todo a nen@s de Infantil. Nesta ocasión durou dous cursos e no último representaron "O Pastor Mentireiro".

No Colexio de A Rúa impartiu a actividade no curso 2015-2016. Un grupo de 8 alumnos de idades bastante diferentes representaron unha obra onde unhas simples caixas de cartón se convertían en todo o que a súa creatividade era capaz de pensar, unha obra titulada " Non é unha caixa".

Media vida adicada a ensinanza na que trasmitiu os seus alumnos o seu amor polo teatro, e con tres obxetivos básicos ilusión, imaxinación e creatividade.