Bueu volverá a acoller o Correlingua do Morrazo, que se celebra no mes de maio co gallo do Día das Letras Galegas. Os preparativos para a súa celebración xa están en marcha e xa está definida incluso a data, que será o 2 de maio. "Este ano o Correlingua do Morrazo será o primeiro que se celebre en toda Galicia, co cal Bueu abrirá a temporada dos Correlingua", sinala a concelleira de Normalización Lingüística da vila, Silvia Carballo.

O Correlingua do Morrazo foi unha iniciativa que naceu precisamente en Bueu e que finalmente, grazas ao interese dos concellos de Cangas e Moaña, fíxose rotatoria.

Última vez en 2015

A última vez que se celebrou en Bueu foi en 2015. O evento reúne a centos de alumnos procedentes de colexios e institutos de toda a comarca, que participan nunha serie de actividades lúdicas e educativas ao redor da lingua galega. Esta semana tivo lugar a primeira reunión preparatoria, na que estiveron a propia Silvia Carballo, a concelleira de Ensino de Bueu, Teresa López; o técnico de Cultura da vila, Xabier Framil; a secretaria da sección de Ensino do sindicato CIG, Maruxa Martínez; e o secretario local da CIG, Guillerme Ignacio.

Saída na Praza Massó

Os membros do sindicato serán a partir de agora os encargados da cordinación cos centros educativos interesados en participar no Correlingua.

Os actos ao redor da lingua inclúen ademáis unha marca polo centro da vila, que volverá a saír dende a Praza Massó e percorrerá a rúa Johán Carballeira e o entorno de As Lagoas.