O Club FARO trae hoxe a Cangas unha das súas charlas dentro da programación polo seu 30 aniversario. O invitado será Philipe González, fundador da comunidade Instragramers, e estará presentado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. A charla-coloquio será no salón de plenos do Concello de Cangas, a partir das 20.00 horas e con entrada libre ata completar o aforo dispoñible. O título da mesma é "Instragram, moito máis que fotos" e incluirá unha proxección para complementala.