Para o cartel deste ano o colectivo escolleu un cogomelo moi específico do que Liboreiro fala nesta pequena reseña.

"A Favolaschia calocera (cogomelo que ilustra o cartel de este ano) foi descrita por primeira vez en Madagascar, logo apareceu en Oceanía e posteriormente en Italia. A primeira cita para a Península Ibérica foi nas cercanias do Xardín Botánico Atlántico de Xixón. A primeira vez que apareceu en Galicia foi da man do compañeiro Saúl de la Peña na illa de Cortegada. Agora mesmo estamos comprobando que esta especie se está espallando moito pola xeografía galega.

Na Morrazo localizámolo a primeira vez sobre unha pola de loureiro morta na zona da Gaiba en Ardán (Marín) e na seguinte ocasión sobre un cano de col en descomposición a beira do río Loira en O Campo.

Este cogomelo frutifica sobre restos vexetais diversos, como poliñas de carballo, toxo, etc.

Se fala de que é un cogomelo invasor (cousa que aínda non está comprobado nin estudado para poder confirmalo)".