O programa de ocio e actividades para público infantil e familiar Rechouchíos, que o Concello de Moaña programa desde o ano pasado, contará con sete actividades entre mañá e o vindeiro 3 de xaneiro. Trátase de actos de todo tipo con contacontos, monicreques ou espectáculos musicais para os nenos de 3 a 10 anos.

Programado entre a biblioteca pública e o servizo de normalización lingüística do Concello, o programa arrinca mañá, ás 18.00 horas no centro cultural Daniel Castelao de Quintela, co espectáculo teatral de monicreques "A Galiña Azul", insipirado no conto homónimo de Carlos Casares e posto en escena por Tanxarina Teatro. O Venres 24, á mesma hora, a actividade será no centro cultural Rosalía de Castro, de Domaio, co contacontos "O pai que non sabía contar contos", de Purpurina. O venres 1 de novembro, xa ás 17.00 horas, o espectáculo será no salón de plenos coa peza de narración oral e manipulación de obxectos "Estrafalaria", de Atenea García.

El viernes 15 de diciembre, no centro cultural Castroviejo de Tirán os pequenos poderán gozar da obra de monicreques "Sabela e o paxaro máxico", de Tarabelos.

Xa en plena campaña de Nadal, o venres 22 de decembro se programará o espectáculo musical "Fantasía coas pabras", de María Faltri e Jorge Juncal coa súa banda. Unha semana despois, o 29 de decembro, haberá un segundo espectáculo musical co título de "Uxía Lambona e a Banda Molona". Ambas propostas serán no palco da música da alameda, aínda que pasarán ao salón de actos do IES As Barxas en caso de mal tempo.

A programación de Nadal de Rechouchíos rematará o mércores 3 de xaneiro, ás 17.00 horas, no IES As Barxas, coa presentación do novo libro-disco de Paco Nogueiras, titulado "Radio Bulebule".