10 de septiembre de 2017
10.09.2017

O teatro escolar (XIV): IES de Rodeira (II)

A traxedia do Prestige e a Guerra de Irak marcaron a actividade do grupo teatral no curso 2002-2003

10.09.2017 | 05:51

As Crónicas do Teatro seguen o seu percorrido pola historia do grupo teatral do IES de Rodeira da man do seu fundador e alma mater do teatro na comarca, Antón Lamapereira. Nesta segunda e última das súas entregas, retoma a cronoloxía das montaxes do grupo no ano 2002-2003 con a obra "Crónicas da peste". Foi o curso no que viviron a traxedia do Prestige e a Guerra de Irak que terían eco no propio grupo teatral. A cronoloxía remata no curso 2008-2009 con "Gilipollas! Somos ou parecemos?".

2002-03. "Crónicas da peste". Neste curso vivimos a traxedia do Prestige (novembro 2002) e a Guerra de Irak (marzo 2003) Ámbolos dous acontecementos van ter eco no grupo de teatro. Sobre o Prestige pedímoslle a Xosé Manoel Pazos que escribira un texto que vai titular "Crónicas da peste". O estreamos en abril de 2003 na VII MOTESMO. A montaxe estaba dedicada a todo o voluntariado de Cangas.

Tamén participamos nun espectáculo de rúa "Nunca Máis á burla negra".

A segunda viaxe teatral foi en Marzo a Madrid en tren.

Visitamos a Real Escuela Superior de Arte Dramática de Madrid (RESAD) e por medio de Ricardo Solveira, hoxe profesor na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia(ESADG), presenciamos unha clase de xesto baseada no "Soño dunha noite de verán" de W.Shakespeare. No Museo do Prado adicamos unhas horas a Goya/Velázquez e polo serán, no Teatro Albéniz, miramos " Luces de Bohemia" de Valle Inclán con dirección de Helena Pimenta no Teatro Albéniz.

Outro día apreciamos o Teatro Real e xuntamos as nosas voces berrando NON a GUERRA nunha impresionante manifestación na Porta do Sol.

Acompañounos a profesora Beatriz Otero.

2003-04. "Lisístrata". De Aristófanes/ Eduardo Fra. Estreamos no Auditorio Municipal de Cangas o 22 de xuño 2004 e ao día seguinte no noso centro.

Con esta obra participamos no II Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) e xa en 2005 no Centro Cultural Avenida da Rúa de Petín por convite de Carme López, profesora con destino en Rodeira o curso anterior.

Terceiro viaxe teatral a Barcelona (10-14 de abril 2004) Viaxamos en litera. Estancia no Albergue "Barcelona-Rambles". Acompañounos Rafa Gómez, falecido hai xa uns meses. Na axenda: Visita guiada á Fundación Miró, ao Institut del Teatre e ao Centro de Documentación Teatral.

Asistencia á representación no Teatre Lliure de Montjuic ao "Retablo de las maravillas"de Els Joglars.

Reseño aquí a frase dunha alumna, actriz en varias montaxes: " Encantariame facer estudos de Arte Dramática, mais os meus pais non me deixan" Ofrecinme falar coa súa familia sen embargo ela renunciou.

2004-2005. "Sen vergonzas" de Felipe Loza e Garbiñe Losada. Traducido ao galego por Heitor Mera e publicado na erregueté RGT nº 47.

Trata do sexo na adolescencia en diálogos sen vergonzas. Participamos na IX MOTESMO, tamén actuamos no Naútico de Bouzas levando os nosos trebellos de cómicos no Monbus e na Casa do Mar de Bueu.

Como a Cruz Vermella de Bueu levaba adiante unha campaña sobre a sexualidade entre xoves, ofrecémoslle integrar o noso espectáculo nesa campaña mais coma no caso de Gallaegaria o proxecto non foi aceptado.

Algúns dos nosos técnicos de luces e son asistiron a un curso de iluminación impartido por Salvador del Rio de Teatro de Ningures e organizado outra volta pola Mostra Internacional de Teatro.

Este foi o derradeiro espectáculo dirixido por min sendo profesor do IES de Rodeira.

2006-2007 "A balada do cárcere de Circe" de Elena Cánovas, Rubén Cobos, Juan Carlos Talavera. A peza inspirada en testemuñas de presas do cárcere de mulleres de

Yeserias foi traducida por Xose M. Pazos e está publicada na RGT nº 26. O Grupo, que pasou a denominarse Grupo de Teatro ANPA do IES de Rodeira, estaba formado por 13 alumn@s e representou este texto no salón de actos do Colexio san Narciso de Marín dentro da programación da XI MOTESMO.

2007-2008 "Servizo de urxencias". Minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión. O elenco estaba formado por 10 alumn@s. Pedro Pablo Riobó colaborou na realización da escenografía e tamén contamos coa axuda do Grupo de Teatro da Asociación de Mulleres de Moaña. Representouse, entre outros escenarios, na XII Motesmo.

2008-2009. "Gilipollas! Somos ou parecemos? " Sobre textos de Jacobo Paz, Rodrigo García, Luís Araujo e Angélica Liddel expresáronse desde o escenario cousas que non gustan mais acontecen: a xenofobia, a violencia, a compulsión por mercar roupa de marca? A tradución ao galego foi responsabilidade do Departamento de Galego do IES de Rodeira. E houbo música en directo con Raúl Carracelas (batería) e Xesús Costas (clarinete). A obra estreouse no Salón de Actos do IES María Soliñoo no marco da XIII MOTESMO e tamén no Auditorio Municipal de Cangas.

Relación de todos os actores e actrices que participaron nas diferentes montaxes que non foron aínda citad@s:

Lorena García, Laura Tato, Alberto Rodríguez, Breixo Mariño, Alejandro Estévez. Rodrigo Vieitez, Alejandro Núñez, Iván Rodríguez, David Molanes. Alexia Riobó, Iria Martínez, Lucía Martínez, Romina Gil, Mónica Molanes, Tara Vázquez, María Teresa Rodas, Andrea Broullón, Andrea Antepazo e Mara Piñeiro.

Aitor Costas, Ana María Poceiro, Ana Soage, Aurora Socarrás, Iván Lorenzo, Alberto José Costas, Laura Tato, Manuel Piñeiro, Marta Salgado, Sabela Otero, Tara Vázquez,

Yovanna Portela. Alicia Iglesias, Marta Paz, Abel Ruibal, Xosé Manuel Sánchez e Raquel Collazo. Jesús Costas, Mar Lamapereira, Silvia Martínez, Ana Ríos, Alex Teixeira, Sara Iglesias, Juan Molina, Alba Piñeiro, Artai Santos, Bernal Torrado. Javier Antepazo, Carlos X. Sequeiros, Pablo Lemos e Lucía Fernández.

Edgar Teixeira, Oliver Teixeira, J.Antonio Rodríguez, Amanda Dacosta, Tatiana Gavirati, Gabriela Bamio, María Docampo, Sara García, Ana Martínez, Laura Riobó e, Catalina Soage.

Saúdo final.

Hai moi poucas cousas que poden facer que unha adolescente empregue o seu tempo libre da fin de semana para ficar nas aulas dun instituto. O teatro é unha delas.

Gardo lembranzas estupendas dos dous anos de bacharelato nos que asistín aos cursos de teatro do Instituto de Rodeira dirixidos por Antón Lamapereira, o noso profesor de Filosofía. Tiven a sorte de coincidir na clase con compañeiras e compañeiros interesados pola cultura que axiña se apuntaron a estes cursos. Eu, afeccionada á lectura dende nova e empurrada pola decisión delas e deles, tamén quixen formar parte daquilo.

A experiencia foi moi enriquecedora por diversas razóns: lemos textos de Roberto Vidal Bolaño, que eu non coñecía, e moitos outros máis; revelóusenos o encanto da interpretación, a posibilidade de ser outro; descubrimos o poder dos nosos corpos, da nosa voz en escena; soubemos da valía do teatro para xerar pensamento crítico; e, sobre todo, aprendimos a traballar en grupo, a tecer redes, a escoitar aos demáis.

Non teño dúbida de que aquel primeiro contacto co teatro no ámbito escolar sementou o xerme do meu interese -académico e cultural- polas artes escénicas, que segue a manterse intacto ata hoxe. ( Mónica Molanes).

Cae o pano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Ningún barco finaliza en tiempo la primera regata

Ningún barco finaliza en tiempo la primera regata

La falta de viento anula la prueba - La segunda jornada se celebra el sábado

El Bahía rompe el maleficio y se adjudica su segundo triunfo

El Bahía rompe el maleficio y se adjudica su segundo triunfo

Pingüi anotó el único gol del encuentro cuando quedaba un minuto para el final - Buen primer...

El Domaio remonta y se hace fuerte en su feudo

El Domaio remonta y se hace fuerte en su feudo

Los de Javi Tenorio se sobrepusieron al gol en el primer minuto del Santa Mariña

Cruceiro y Marín firman tablas en el derbi

Cruceiro y Marín firman tablas en el derbi

Jorge igualó el tanto de los visitantes cuando el partido estaba en su recta final

El Frigoríficos se topa con Hombrados

El Frigoríficos se topa con Hombrados

El meta detiene dos contragolpes y un tiro claro para abortar la remontada canguesa

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Roberto Prado Fontán: "El timo de la estampita se sigue dando, pero por vergüenza muchas veces no se denuncia"

Roberto Prado Fontán: "El timo de la estampita se sigue dando, pero por vergüenza muchas veces no se denuncia"

La Guadia Civil ofreció en Cangas una charla sobre seguridad a mayores para prevenir estafas

La vuelta al mundo tras el barco de la ONU

La vuelta al mundo tras el barco de la ONU

Un moañés se encarga del mantenimiento del barco "Clean Seas" en la Volvo Ocean Race

Enlaces recomendados: Premios Cine