Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Paco Charlín: "O jazz es como o mar, parece que non acaba"

O contrabaixista galego actuará esta noite ás 22.30 horas no Eirado do Costal

Paco Charlín, nun concerto. // FdV

O Festival Internacional de Jazz de Cangas trae hoxe a un dos músicos de jazz máis relevantes do Estado. Paco Charlín actuará ás 22:30 horas no Eirado do Costal, onde presentará o seu último traballo "Sculptures in Music". Nesta ocasión ven acompañado polo saxofinista portugués, João Mortágua, o guitarrista francés, Wilfried Wilde, e a batería galega, Naíma Acuña.

--Esta é a súa primeira vez no Festival Internacional de Jazz de Cangas?

-Non, xa toquei noutras ocasións.

--Desfruta tocando nesta clase de festivais ou gústalle máis tocar en salas, por exemplo?

-Pois nas dúas, tanto en en espazos cerrados coma abertos. A verdade é que sempre se agradece tocar ao aire libre para que a xente poida desfrutar un pouco máis, paréceme a min.

--Que cre que é o mellor dos festivais do estilo do Canjazz?

-A variedade de músicos que están traíndo, contar con xente da terra e tamén tanto as jam sessions coma este estilo de actividades que están facendo, que son bastante produtivas para a cidade e para todos, en xeral.

--Xa que fala de variedade, no Canjazz sempre se conta con artistas galegos para participen. Que lle parece esta iniciativa?

-Neste festival veñen artistas de moitos sitios, tanto de Francia coma de Madrid. Eu creo que esta mestura de xente é o que fai do Canjazz un festival de ámbito internacional.

--Que pode adiantar de "Sculptures in Music", que vai presentar no festival?

-Imos presentar temas orixinais, todos meus, e unha diversidade de cancións que xa teño feitas. Estivemos collendo cousas deste estilo para o festival e para poder variar.

-Como se sente ao poder tocar en Galicia, o seu "fogar"?

-Si, a verdade é que sempre agradezo tocar na casa. Despois de pasar tempo fóra e andar en varios lugares, tocando en festivais, tocar na casa é bastante acolledor.

-Cre que o jazz está perdendo adeptos en comparación con outros xéneros musicais?

-Eu penso que non, creo que cada vez están seguindo máis este tipo música e que vai medrando. Polo menos en Galicia, noutras comunidades xa levan moitos anos dando festivais. Tanto en Madrid, Barcelona, Valencia ou no País Vasco. En Galicia vai pouco a pouco, pero está a un nivel inferior.

-Esta clase de festivais como Canjazz, axudan a manter este xénero a flote?

-Si, desde logo que si. Danlle vida á música tradicional, á música nova que se está facendo agora, aos artistas tanto que están consagrados coma os que están comezando?Hai cabida para todos nestes festivais. O Canjazz é un representante deste estilo de eventos.

-Vostede por que se decantou polo jazz?

-Basicamente porque foi o estilo no que me atopei máis cómodo, que me gustaba e no que un se pode expresar, no meu caso, mellor que en calquer outro tipo de música.

-Para vostede que é o mellor do jazz?

-Para min o mellor é a improvisación, o ter unha liña tanto ármonica como melódica que forma unha estrutura e, despois diso, ter unha liberdade e un vocabulario moi amplo. Como o mar, parece que non acaba. Entón iso é o que proporciona a liberdade para poder improvisar e facer cousas que noutros estilos non poderías.

-Vostede tamén se dedica a ensinanza, cre que é importante educar aos músicos mozos neste xénero?

-É importantísimo, polo menos para que entendan de que vai este tipo de música e, ao mesmo tempo, que se den conta de que este xénero abarca moitas cousas e ábrelle a cabeza a todos os músicos que se empapan nel.

--Que consello lles daría a todos os que estén comezando?

-Sobre todo escoitar este tipo de música, escoitala e non botarse atrás nos primeiros meses ou no primeiro ano de estudio. Digamos que se trata dunha carreira de fondo

Compartir el artículo

stats