Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

100 anos coa arte da familia Sobreira

Os herdeiros dunha tradición familiar que se extende varias xeracións expoñen a súas obras na Casa da Bola e na Casa da Cultura en Cangas

Os xemelgos Joaquín e Ricardo Sobreira xunto aos seus óleos. // FdV

Os xemelgos Joaquín e Ricardo Sobreira son herdeiros da arte de toda unha familia. Así o mostran as dúas exposicións que se inauguraron este mes para conmemorar os 100 anos que esta familia leva adicados á arte. A primeira mostra inaugurouse na Casa da Bola cun horario de visita de 10:00 a 13:00 e a seguna está na Casa da Cultura de Cangas e pode visitarse de 9:00 a 21:00 horas, en ambos casos ata o 31 de agosto.

"Nos nacemos na Casa da Bola, fomos os últimos en facelo", recordan os irmáns. Foi alí donde comenzou unha longa carreira que se prolongou toda a súa vida, grazas a todo o que os seus tíos lles ensinaron dende nenos. "Tivemos unha infancia feliz", afirman. Destacan tamén que non só a Casa da Bola ten unha gran importancia para eles, senón tamén os arredores como a propia Igrexa de Cangas.

O primeiro valedor dos irmáns Sobreira foi o antigo director dos Museo de Castrelos, Ángel Ilarri, a quen lle levaron unha mostra do seu traballo. "Propuxonos facer unha exposición e que preparasemos uns cadros para que el puidese ver. Viu desde Vigo e foi el quen patrocinou a nosa primeira exposición, na Caixa de Aforros no ano 75", rememoran. Recordan o complicado que era expoñer neses anos e como o antigo director " nos tiña bastante estima" e eles ao propio Ilarri.

Os dous irmáns tiveron familia, o que non lles permitiu adicarse completamente ao mundo do arte. "Tendo familia con fillos non te podes lanzar a aventura", afirman. Así terminaron pintando nos ratos libres e facendo unha serie de exposicións tamén. "Nós non vivimos da pintura, vivimos para a pintura", aseguran. Na súa opinión, aquelas persoas que " teñen que vivir da arte o teñen moi complicado, mentres que o que vive para a arte pode pintar o que quere e as cousas que lle interesan de verdade". Actualmente ambos están xubilados e gozan do tempo para poder dedicarse á pintura.

As temáticas que se poden distinguir nos seus traballos son moi diversas: van desde a terra ata a ría e a propia localidade de Cangas. "Durante moitos anos había aquí uns labregos que traballaban e captamos moitísimas imaxes deles. Ademais de que nós mesmos o faciamos tamén", recordan. O que viron e viviron foron as súas principais inspiracións á hora de elaborar as súas obras. "Eu traballei nunha fábrica de frigoríficos no Berbés en Vigo e de alí tamén saquei moitas outras temáticas", destaca Joaquín. O mesmo ocorre cos seus poemas, onde pode apreciarse a clara influencia que tiveron neles cousas como os muíños, os labregos e a propia terra.

Aínda que, sen dúbida, a maior influencia que os irmáns Sobreira tiveron foi a da súa propia familia. Remontándose 100 anos, teñen na súa ata cadros do ano 1916."No ADN levamos a esencia dos nosos ancestros", aseguran. A súa familia está moi relacionada ca terra de Cangas pola súa parte paterna: todo comeza co seu avó no ano 1894, cando é destinado á localidade polo corpo de Carabineros. Así continúa o legado familiar, que a día de hoxe recae sobre os irmáns.

Os grandes referentes da familia son Xosé, Ricardo e Alfonso Sobreira. Xosé debuxaba nos seus ratos libres, ademais de desfrutar tamén escribindo pequenas novelas e vivencias, mentres que Ricardo destacaba cos bocetos que facía ao óleo. Por outra banda, o pai dos irmáns Sobreira, Alfonso, elaboraba os carteis para a publicidade dos filmes que se proxectaban no cine que el rexentaba en Cangas. Nun fragmento dunha carta do seu irmán Manuel pode lerse: "Alfonso, tu caligrafía llama poderosamente la atención..."

Compartir el artículo

stats