Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A maré" de Lito Portela nas adegas Martín Códax

O artista inaugura unha exposición nas instalacións das bodegas de Cambados

O artista mostra unha das súas obras no exterior das adegas. // B.M.C.

A loita contra a contaminación e a protección do mar. Estes son os eixos máis definidos da nova exposición do escultor e pintor Lito Portela, que se pode ver dende a semana pasada nas Bodegas Martín Códax, en Cambados. Unha proposta de maridaxe entre arte, viño e conciencia ambiental. O artista do Morrazo é o invitado deste ano á exposición estival das afamadas adegas e participa cunha mostra titulada " A maré", unha das expresións vencelladas ao mar máis populares nas Rías Baixas.

A exposición está constituida por dúas propostas diferenciadas, pero ligadas entre si. A primeira é o seu traballo coas mariscadoras, un dos oficios máis antigos e que "resiste, de maneira literal, coa auga ao pescozo". O artista tamén vai á maré, aínda que dun xeito distinto ao das mariscadoras. Vai a esa maré que é a de recoller os obxectos que retornan ás praias depositados polas mareas. "Estes paseos pola baixamar dan lugar a un proceso de investigación por parte do artista, observando e interiorizando o medio e creando un diálogo entre a obra e o mar a través do material atopado na costa", explican.

A segunda das liñas temáticas está vencellada co azar, pero cun "azar controlado". Son pezas como por exemplo "Esperpentos", unha serie de obras nas que unha serie de figura que "se aproximan ao estético, casi perfecto, creando un desexo no espectador propio dun obxectos de xoiaría". Mais, son pezas que en realidade están feitas con plásticos e ecemento. "Materiais que se aproximan ao repulsivo", afirma o texto da exposición.

Cada vez son máis os residuos que invaden os océanos, pero tamén son moitos os que retornan á costa arrastrados polas mareas. Son precisamente algúns deses elementos devoltos polo mar os que recolle Lito Portela e os transforma en arte na súa particular maré. Esta exposición poderá visitarse durante os meses de agosto e setembro para que os visitantes que se achegen a este lugar, corazón da denominación de orixe do Albariño, podan gozar do viño e da arte.

Compartir el artículo

stats