Cangas volverá a ser a capital do Campionato de España de Columbicultura

O evento terá lugar en marzo de 2018 e volta á vila despois de once anos

02.08.2017 | 02:21
De esquerda á dereita, Xoán Chillón, Xosé Manuel Pazos, José Luis Pereira y Santiago Monte. // G.Núñez

Once anos despois Cangas volverá a convertirse na capital da columbicultura española. En marzo de 2018 o municipio será a sede da fase final do Campionato de España de Palomos de Raza. O evento estará organizado polo Club Columbicultura Rías Baixas de Cangas do Morrazo, que estivo traballando durante meses para presentar a súa proposta na asemblea da xeral da Real Federación Española de Columbicultura, que a aprobou por unanimidade.

O Campionato celebrarase na primeira quincena de marzo de 2018 e na organización irán da man o clube e o Concello de Cangas a través das concellerías de Ensino e Deporte e a de Turismo e Medio Ambiente. Previamente, na segunda quincena deste mes de agosto o delegado nacional de pombas de raza da federación visitará Cangas e as instalacións onde se acollerá o campionato, que terá lugar no pavillón deportivo de Romarigo. Ademais, o delegado nacional coñecerá de primeira man detalles sobre a organización do torneo.

A colombicultura consiste na cría e adestramento de palomos, pero a diferenza da colombofilia, non de se trata de pombas mensaxeiras senón de raza. Durante a competición as aves non se atopan soltas, senón que están en gaiolas e os xuíces as evalúan. Trátase dun evento deportivo, turístico e cultural que atrae a un amplo número de persoas e cunha gran cultura artística.

A pesar de que aínda quedan varios meses para a súa celebración, o Campionato de España de Colombicultura presentouse oficialmente onte no Concello de Cangas, coa presenza do alcalde, Xosé Manuel Pazos; o concelleiro de Ensino e Deportes, Xoán Chillón; o delegado de Raza da Federación Galega, José Luís Pereira; e o presidente do Club Columbicultura Rías Baixas, Santiago Monte. Durante a súa comparecencia explicaron que o programa de actividades estará estructurado a partir das realizadas nos anteriores campionatos. Como actos paralelos a organización ten previsto ofrecer visitas guiadas tanto a participantes como a acompañantes.

Cangas xa fora sede deste evento na edición do ano 2007. José Luís Pereira e Santiago Monte destacaron "o bo recordo que deixou ás entidades colaboradoras e organizativas, así como aos deportistas participantes e aos visitantes" aquela cita de hai xa once anos. O obxectivo "é lograr facer un Campionato que sexa recordado e se aproxime ao do 2007", suliñan. Tanto federación como o clube agardan que nesta ocasión a participación sexa incluso maior que entonces. "Aquela vez coincidiu co brote de gripe aviar e moitos remataron por desapuntarse", explican.

Xosé Manuel Pazos destaca que o evento "engádelle vida económica e social á vila. Vai permitirlle dar unha imaxe de algo máis que praia e comida". Desde a administración local entenden que este campionato "é unha oportunidade única cun peso moi importante" e por iso se agarda a colaboración de diferentes administracións, entidades e organismos. O Concello felicitou á organización polo seu traballo e agradeceu á Federación Española "a confinaza depositada en Cangas".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine