A banda de improvisación Fuzzo dará un concerto xunto ao artista Luís Davila

As súas actuacións son toda unha experiencia salvaxe de éxtase creativa

29.07.2017 | 03:12

Mañá domingo terá lugar ás 21.30 o concerto de Fuzzo, un novo proxecto que baséase na deconstrución de debuxos e ideas musicais. O evento será na terraza do Aturuxo, en Bueu, con entradas a 4 e 6 euros.

A formación reúne a tres estrelas dentro do panorama do jazz galego con Virxilo Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería.Nesta ocasión veñen acompañados polo artista gráfico Luís Davila, que se fará cargo das distintas proxeccións de debuxos que se mesturan coa música en directo.

Defínense como unha banda de improvisación libre acumulativa que fai dos seus concertos unha verdadeira experiencia salvaxe de éxtase creativa. Se teñen aventurado nunha estética cercana ao rock sen abandonar a improvisación.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine