Feminismo e liberdade

A Mostra de Teatro de Cangas pechouse cunha obra sobre a loita interior das mulleres do poder franquista

10.07.2017 | 01:55
Representación de "La Sección" o sábado en Cangas. // Santos A.

O punto de partida é moi atractivo: mesmo no bando vencedor, a muller é relegada a un lugar secundario, máis ornamental que substantivo. A historia da Sección Feminina da Falanxe pode dar lugar a unha reflexión sobre onde situar a influencia das mulleres que ostentaron -ou ostentan- unha parcela de poder, cales son os seus condicionantes para exercelo, cales as peaxes que deben pagar para manterse nese lugar.

A través das figuras de Carmen Polo de Franco, Pilar Primo de Rivera e Mercedes Sanz-Bachiller, La sección revisa cales foron os problemas aos que tiveron que enfrontarse as mulleres que pretenderon alcanzar un certo grao de autoorganización dentro da complexa estrutura do poder franquista. As contradicións existentes no seo dunha organización feminina inscrita nunha configuración ideolóxica que contempla a muller como un ser submiso ao servizo do home, do traballo doméstico e da maternidade queda ben reflectido en varias pasaxes da obra: "dirixídesvos vós soíñas e iso cheira a feminismo e liberdade", espétalle a muller de Franco á irma do fundador da Falange.

Mais esas contradicións relaciónanse coas loitas de poder na cúpula franquista e coas suspicacias de Franco ante a Falange, un tema que só é levemente apuntado no espectáculo e que, daquela, non deixa comprender en toda a súa integridade a complexidade do asunto. A gran historia, que debería situarse nun plano máis profundo, é a da loita interior destas mulleres, a da súa estratexia para actuar no plano político mentres divulgan a doutrina da muller pasiva.

A produción de A Tiro Hecho e Teatro del Barrio prefire subliñar a barbarie dos preceptos que difundía o credo da Sección Feminina -fogar, patria e imperio- e o grao de responsabilidade que ten a súa propagación na actual situación da muller. En certa forma, claudican ante unha mensaxe fácil de asumir por parte dos espectadores abandonando a oportunidade de afondar nas contradicións dunha ideoloxía que aínda modela unha boa parte da vida política española.

A obra ten moito de cabaré, de revista de variedades que permite os saltos temporais e os cambios temáticos rápidos. Iso posibilita que algunhas situacións se enfronten con humor pero tamén que o centro do argumento se disperse e que se apunte a varios albos que distraen da intención principal. Abránguense demasiados obxectivos e ponse unha énfase innecesaria en relacionar a Historia co presente: coma se o público non fose o suficientemente intelixente como para sacar as súas propias conclusións.

As actrices, porén, defenden os seus papeis cunha convicción e un entusiasmo que favorece a diversión e a complicidade coa crítica política. Foron moi aplaudidas, creo que máis pola mensaxe que pola construción dramática que a sostiña.

( *) Crítico teatral e subdirector de erregueté (Revista Galega de Teatro)

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Experiencia para buscar la permanencia

Experiencia para buscar la permanencia

El Beluso ultima su plantilla a escasos días de que comience su ilusionante campaña

Estreno mundial de Martín Riobó

Estreno mundial de Martín Riobó

El piloto cangués completa su primera participación en el Mundial de Trial - Lidera también el...

Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine