Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cándido Pazó: "Cangas ten un lugar sobranceiro nos concellos teatrófilos"

O teatro galego gaña da man de Cándido Pazó

Cándido Pazó. // Xoán Álvarez

Cunha vida profesional e creativa centrada básicamente no ámbito das artes escénicas, a Mostra decidiu concederlle o Premio Xiria ao Labor Teatral a Cándido Pazó.

Como autor e director ten estreadas numerosas pezas como "O Merlo Branco" ou a obra unipersoal "Memorias dun neno labrego". Dirixiu e escribiu para diversas compañías e colabora outras como Talía Teatro e Títeres Tanxarina.

-A comisión organizadora da Mostra concédelle hoxe o Premio Xiria ao Labor Teatral, como se sente ao respecto?

-Se fixeramos un mapa galego dos concellos teatrófilos, Cangas tería nel un lugar sobranceiro. A Mostra e a asociación Xiria son causa e consecuencia desa tatrofilia. Recibir un premio nese contexto é para min un orgallo.

-Participa en algúns dos espectáculos que formaron parte desta edición da Mostra como "A Galiña Azul" ou "Nacidas Libres", obras moi diferentes, que é o que máis lles gusta delas?

-Pos si, son moi diferentes. Da primeira o que máis me gusta é o seu ton lúdico e o proceso de traballo con Tanxarina, que sempre é tan divertido e garimeiro. Da segunda gústame o exercicio de arquitectura teatral que supuxo a súa escritura e despois a súa posta en esceja, obra de Cristina Domínguez.

-Do ano 2000 ao 2008 traballou como profesor visitante na Escola de Música e Artes do Espectáculo do Porto. Como é formar ás novas xeracións de artistas escénicos?

-Ensinar supón sistematizar o que sabes, e o que non sabías que sabías, e o feito de llo ter que facer e asumir a xente nova obrígate a examinar e renovar os teus recursos comunicativos, a manterte en contacto cunha realidad cambiante. A falar en presente aínda que, en grande medida, os teus coñecementos estean baseados na túa experiencia, que pertence máis ao pasado.

-Que consello lle daría a todos aqueles mozos que queren dedicar a súa vida ás artes escénicas?

-Que traten de diversificarse. O ámbito de acción dun profesional das artes escénicas é moi interdisciplinar. Non é só interpretar. Non sé só esperar a que te chamen. Ser un profesional de amplo espectro é bo en termos creativos, pero tamén en termos laborais. Tamén aconsellaría que tivesen sempre moi presente o valor social que ten, ou no meu criterio debe ter, a nosa profesión..

-Ten algún proxecto en mente cara o futuro?

-Cara o futuro inmediato, inmediatísimo, teño que escribir un texto, e dirixir o correspondente espectáculo arredor da figura de Eduardo Pondal. Estrarase en outubro en Carballo, dentro de FIOT. E para finais de ano farei a posta en escena dunha ópera de pequeno formato, "Il Segreto di Giulia", proxecto promovido polos Amigos da Ópera de Santiago. E terei que ir topando datas para facer un espectáculo unipersoal, conmigo es escea, sobre o mundi das "Cantigas de Escarnio e Maldizer."

Compartir el artículo

stats