Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Tratamos de facer políticas e de gobernar para todo un pobo, non só para unha maioría social"

-Como valora a relación coa oposición municipal? Os tres grupos políticos xa se teñen unido máis dunha vez para mostrar as súas queixas e para denunciar demoras en algúns asuntos, como o regulamento de participación veciñal.

-Volvo a dicilo: a oposición está no seu papel. Obviamente aos grupos lles gustaría que o alcalde lles dese toda a información e a explicase. Iso estaría moi ben se non se manipulase esa información e se usase para desgastar. Neste goberno se sigue actuando como non o fai ninguén: cun concelleiro de Facenda que lle entrega á oposición un borrador dos orzamentos sempre con antelación e antes da convocatoria da comisión. Creo que ás veces os grupos da oposición non están sendo respectuosos e usan a información para o seu interés particular e non para o xeral. A esta oposición válelle todo e nós non imos entrar nese terreo a pesar das acusacións e descalificativos que recibimos. Seguiremos sendos respectuosos coa legalidade e coas formas.

-Ata o ano 2007 o PP era o partido hexemónico en Bueu. Nestes últimos tres mandatos xa se tivo que medir a tres voceiros distintos do que agora é o principal grupo da oposición. Como valora eses cambios?

-A nosa pauta de traballo é sempre a mesma: o sometemento ao interese xeral e satisfacer a confianza que foi depositada en nós. Tratamos de facer políticas para o conxunto da cidadanía e a nosa aspiración foi representar a todo un pobo. E falo de todo un pobo e non dunha maioría social, o cal fai que as veces algunhas decisións sexan motivo de crítica por xente de maior afinidade política. Para nós o principal é transformar a nosa realidade social. Para iso nos situou aquí a xente de Bueu e ese é o noso compromiso: gobernar para todo un pobo.

Compartir el artículo

stats