Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xavier Simón: "As experiencias que se presentan en Bueu son o 'Silicon Valley' da innovación rural galega"

Mañá inaugúrase o curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Xavier Simón, director do curso que se impartirá en Bueu. // FdV

A Universidade de Vigo e o Concello de Bueu organizan dende mañá venres un curso titulado "Avanzando na dinamización local con recursos propios: o monte", que se desenvolverá esta fin de semana e a vindeira e que incluirá preto de vinte charlas. O director do curso é Xavier Simón, profesor da Universidade de Vigo e membro do seu Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, que amáis foi alcalde do Concello de Arbo.

- Podería explicar como se xestou a organización deste curso e por que se decidiu organizalo no Concello de Bueu?

-A Universidade de Vigo realiza estas actividades de xeito común. É unha transferencia de coñecemento, neste caso desde unhas experiencias innovadoras e exitosas en xestión do medio rural galego a persoas e colectivos que queren iniciar un camino de transformación do seu medi, unha transformación sustentable e ambiental. Neste caso no monte. E no Concello de Bueu porque o seu goberno municipal cre que é necesario mudar o noso modelo de aproveitamento económico e ambiental. Son sensíbeis aos problemas do medio, son sensíbeis ás demandas dos propietarios privados e colectivos e por iso apoian estas iniciativas.

- O programa parece ambicioso, con cerca dunha vintena de charlas repartidas en catro días. Que criterios seguiron para elexir aos poñentes e os temas dos que falarán?

-Os criterios son simples: éxito no desenvolvemento; respecto ambiental nas propostas; replicabilidade noutros territorios e espazos. Estas experiencias que veñen ao Morrazo forman o "Silicon Valey" da innovación rural en Galicia.

-Supoño que me dirá que todas as charlas son interesantes, pero se tivese que citar unhas cantas do programa, cales cree que poderían resultar máis atractivas e cercanas para o público?

-Eu creo que dous tipos de experiencias. Aquelas que mostran como, tamén en Galicia, a unión dos pequenos propietarios pode fortalecer e viabilizar propostas de producción, xestión e consumo competitivas e alternativas. É o caso de Monte Cabalar da Estrada ou da Coperativa Porco Celta de Santa María de Goo do Incio. E por outra parte, aquelas experiencias onde se mostra como con decisións democráticas e colectivas dentro das comunidades de montes tamén é posible definir estratexias de modernización e innovación no medio rural, como son o caso da CMVMC do Rosal ou da CMVMC de Coruxo. E evidentemente, hai outras propostas que se deben coñecer se queremos transformar o noso medio rural.

- Fai apenas un mes celebraronse tamén en Bueu unhas jornadas vencelladas ao monte e ao "valor abandonado" que constitúe. Parece que tras décadas dunha especie de ostracismo a sociedade volta a ver cara o monte e os sus recursos naturais. ¿É unha consecuencia da situación económica ou hai máis factores que explican este cambio?

-O monte foi a base do sustento das familias labregas durante séculos. So durante os últimos 80 anos se romperon os lazos entre o monte, a alimentación e as comunidades rurais. Pero ese modelo trouxo riqueza para algúns e pobreza para moitos. Trouxo modernización para certos sectores e problemas ambientais para o conxunto da sociedade. O que pasou en Galicia en 2006; en 2016 o de Chile, o de California do ano pasado, o de Portugal, tan triste e desgraciado, destes días, todo isto está a facernos pensar, necesitamos outro modelo forestal e outro sistema económico. Isto está cambiando e non haberá forza social que o pare.

- O título do curso di "Avanzando na dinamización local con recursos propios". Os concellos soen dicir habitualmente que teñen poucas ferramentas en materia de emprego e para reducir o paro.A posibilidade de fomentar ou facilitarela iniciativa de emprendedores en ámbitos como o que nos ocupa pode ser unha ferramenta para revertir esa situación e poder facer algo desde las entidades municipales?

-Sen dúbida ninguna. E xa existen exemplos de concellos que están a traballar neste sentido. Queda moito camiño por andar, pero os concellos deben ser os axentes institucionais principais, en colaboración con os propietarios privados e colectivos, na posta en marcha de novas iniciativas que xeneren novos modelos de vida, novas rendas, novos empregos, redes locais de intercambio, productos e servizos de cercanía?.

- Esta mirada cara os recursos naturais prodúcese nun contexto dunha globalización económica cada vez máis potente, pero que tamén provoca recelosna cidadanía, tal como falamos antes. Estas dúas alternativas son compatibles o teme que sexa una loita de quixotes contra muíños?

-Boa pregunta. Non son "quijotes" nin son "muíños", son homes e mulleres que traballan por construír novas formas de producir e consumir, e temos moito poder. Somos millóns de consumidores: imaxinemos que poderiamos facer como consumidores se todos e todas decidíramos consumir só carne local producida nun radio de 50 quilómetros? Ou se todos decidíramos comer legumes só nas épocas aptas para o seu cultivo? Isto non é utópico. Esta é unha decisión necesaria para corrixir moitos problemas que temos: ambientais, como o cambio climático e a perda de biodiversidade; e sociais, caso da marxinación e pobreza.

- O curso finaliza cunha visita a experiencias en montes de O Morrazo. Pode comentarme cales serán los lugares a coñecer?

-Permítame dicir que serán experiencias da zona moi interesantes e non sempre coñecidas.

Compartir el artículo

stats