Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O prazo de matrícula xa está pechado, pero a asistencia ás charlas é libre ata completar o aforo

O curso que organizan a Universidade de Vigo e o Concello de Bueu comezan mañán venres a partir das 9.00 horas na Casa do Pobo de Beluso. O prazo de matrícula pechouse esta semana para as persoas que desexen ter un recoñecemento oficial da asistencia ao mesmo, pero para o resto de veciños e público a asistencia é gratuíta ata completar o aforo do salón de actos (unhas 200 persoas).

El curso retómase pola tarde a partir das 16.00 h con tres charlas: "A custodia do territorio: unha alternativa para a conservación do monte", na que estará Óscar Rivas, da Asociación Galega de Custodia do Territorio; "Ridimoas (1976-2017): estudo, defensa e conservación do bosque", con David Rodríguez Barra, da Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas; e finalmente "Vida común arredor do monte común", con Carmen Freire e José Carlos Figueroa, de Maisdetres.

O sábado a primeira intervención corresponderá á Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo (APMM), que se presentará cunha charla titulada "A xestión colectiva de montes privados, diversos exemplos de iniciativas sociais". Seguiránlle "Biomasa forestal, unha oportunidade para a obtención de bionerxía", con representantes da comunidade de montes de Coruxo; "Xestionando integralmente o monte: produción de fertilizantes e produción de carne", con Abonos Lourido; "Xestión sustentable no monte galego: o caso do monte comunal de O Rosal", coa participación de integrantes da directiva dos comuneiros de O Rosal; e finalmente "A resinación de piñeirais: aproveitamento integral e xestión sustentable", con Édgar Fernández, da Alianza de Resineros Gallegos.

Compartir el artículo

stats