O programa de animación para público infantil e familiar "Rechouchíos" que organiza ao longo de todo o ano o Concello de Moaña, rematou onte por todo o alto ata o vindeiro curso. Centos de nenos acudiron ao parque da Xunqueira para disfrutar dun concerto de Mamá Cabra.

Este recoñecido grupo infantil galego puxo a bailar aos pequenos cun espectáculo no que repasa os 15 anos de historia do propio grupo. Percorreu as súas cancións máis coñecidas nun evento cun formato de concerto-teatro. Os músicos de Mamá Cabra lograron encher de ilusión e ritmo os corpos dos cativos que acudiron. Foi o terceiro evento dos "Rechouchíos" ao aire libre, cun tremendo éxito de público nos tres casos.