Antes, en febreiro de Toda esta información supón unha inxente labor de recuperación da memoria sobre unha actividade que tivo- e ten- unha grande importancia na evolución cultural da comarca. Unha actividade da que dun xeito ou doutro participaron- e participan hoxe en día- moitas persoas ao longo da súa vida ben sexa como actrices, actores e técnic@s afeccionad@s e mesmo profesionais ou como público atento e curioso.

E todo isto é posible grazas as diferentes colaboradoras e colaboradores que escriben estas Crónicas do Teatro no Morrazo e claro está ao Faro de Vigo- edición do Morrazo- que ofrece as súas páxinas dominicais para dar conta da traxectoria do Carro de Tespis por estas terras.

Teatro no ensino

Se hai algo que vai facéndose patente ao longo destas crónicas é a estreita relación que hai entre o mundo do ensino e o teatro. Unha relación con múltiples aspectos, heteroxénea, pois vai desde a a ctividade organizativa e promotora da profesora Matilde Bares en Bueu a comezos do século XX até a existencia dos grupos de teatro nos centros de ensino na actualidade. Nesta andaina é fundamental ter en conta o labor de profesoras e profesores como Asun Soñora, Xosé Vázquez Pintor, Celso Parada, Guiomar López, Serafín Parcero, Pedro Pablo Riobó e un longo etcétera de nomes dos que iremos dando conta nesta nova xeira.

Como xa comentamos en entregas anteriores ( Faro de Vigo 12 e 19 de marzo 2017) o Teatro Estable do I.Bacharelato de Cangas comezou a funcionar no curso 1983-1984 impulsado por Sito Parada e Carlos del Valle coa montaxe de "Momo". No curso seguinte, coa ausencia por motivos de traslado docente de ámbolos dous, será Chis Oliveira e Carlos Vázquez Marinelli quen lle derá continuidade montando "Parecedes de primeiro".

Durante este curso 1984-1985 inaugurouse o novo instituto no Monte Carrasco que pasaría a denominarse "María Soliño". Lémbrese ademais que por esta época todo o alumnado de Cangas , Bueu e Moaña realizaba os seus estudos de bacharelato no mesmo centro chegando incluso a haber turno de tarde para o alumnado de Moaña. O desprazamento de Rodeira ao Monte Carrasco supuxo, entre outras cousas, a obrigada movilidade en autobús pola lonxanía do centro urbano ademais das dificultades de acceso polo mal trazado da estrada o que xenerou, no seu momento, un movimiento de protesta tanto pola banda da APA como do alumnado e profesorado que logrou a construcción dunha nova estrada de acceso?

Pois ben, durante o curso 1985-1986 o grupo Teatro Estable María Soliño pasa novamente a ser dirixido por Celso Parada destinado agora como profesor agregado de Lingua e Literatura Galega no centro. O proxecto da nova montaxe vai ser "La Blanca- Rosa sirena de la mar blava" dos dramaturgos cataláns Damiá Barbany e Santiago Sans. Nesta nova proposta tamén estaba implicado Carlos del Valle desde o seu destino no IB Otero Pedrayo en Ourense co que Sito falara sobre o proxecto. Será Charo Parada quen traduce a obra directamente do catalán ao galego: "A Branca Rosa sirea do azul- mar" .

A peza é unha comedia romántica e fantástica na que interveñen piratas, príncipes, damas delicadas , sirenas e o mesmísimo Neptuno, deus de todas as augas e mares.

" Lonxe do amor do pai, lonxe do amor do esposo, namorada do amor de Morgan, amor do namoramento de Drake. Ao final, doncela nen para o un nen para o outro, porque Neptuno ha de convertila en sirea para sempre xamais: A Branca Rosa sirea do azul mar"

Os personaxes e intérpretes foros os seguintes:

Branca Rosa, Montse Lago.

Gonzalo- o seu marido- Soldado, Dragón: Juan Luaces.

O Frade Evanxelizador: Gabriel González.

Virrei das Españas -o seu pai-Martín Meira

Morgan o Feroz: Suso Piñeiro.

Drake o Fermoso: Agustín Casqueiro.

Capitán: Lourdes González.

Neptuno- deus dos mares-Soldado, Verdugo: Juan Rodríguez.

Mariñeiro, Pirata,Nereida: Alicia Costas.

Mariñeiro, Pirata: Loli Coya.

Piratas: María do Mar Chantada, Mónica Lagoa.

Pirata Negro"Esomesmo", Mariñeiro: Montse Malvido

Pirata, Soldado, Sirea: Rosa Mallo.

Pirata, Soldado: María Rosales.

Pirata, Mariñeiro, Nereida: Marisa Rua.

Pirata, Soldado: Eva Salgueiro.

Músicos en directo:

Voz: Alexia Juncal. Many Carballo

Baixo: Fernando Luaces. Salva Gómez

Frauta: Rodrigo Rodal.

Guitarra, Armónica: Serafín Carballo.

Colaboración musical: Miguel Lustres.

Neste reparto ademais de alumnas e alumnos de bacharelato matriculad@s no instituto había tamén colaboracións externas como a do músico Serafín Carballo e algunha outra.

A escenografía, deseñada por Majo Bouzas ( María X. Fernández) e Carlos del Valle, foi elaborada con ferro galvanizado e pantallas plásticas nas que se podía proxectar. A súa realización posibilitará que a obra evolucione con dinamismo axeitándose ás múltiples situacións cambiantes da peza acadando tamén unha gran vistosidade. A artista plástica Majo Bouzas será asemade a autora do cartel e a responsable da maquillaxe.

A produción deste espectáculo, tal como acontecerá tamén co de "Momo" recíbíu un forte apoio do equipo directivo do Instituto, da APA, do Concello de Cangas e da Deputación de Pontevedra chegando a sumar en subvencións un total de 573.500 pesetas.

A obra foi estreada con grande éxito de crítica e público o 11 de xullo de 1986 ás 10 da noite no Cine Prado de Moaña.

"A Branca Rosa sirea do azul-mar" desde a data de estrea até o 24 de agosto de 1987 no que pechou o telón en Santiago de Compostela, realizou 15 actuacións polos escenarios do Cine Avenida de Cangas, Cine Avenida de Bueu, e centros culturais e institutos de Salceda de Caselas, Camos, Vigo, Coruña, Pontevedra, Porriño e Santiago de Compostela.

Compre subliñar destas actuacións a participación en 1986 no III Encontro Galego de Teatro Contemporáneo para Grupos Jóvenes fase previa para a representación de Galicia a nivel de Estado. Neste evento o Teatro Estable coa súa Branca Rosa?levou o Segundo Premio con mención de honor. Aínda que o xurado calificador elexíu ao Grupo Sarabela este mesmo xurado recomendou que se xestionase ante o Instituto de la Juventud a participación do grupo teatral María Soliño polo seu nivel de montaxe, dirección e interpretación.

Salientar tamén a súa participación en xuño de 1987 no Festival Celta de O Morrazo e a súa derradeira actuación na Escola Universitaria de EXB o 24 de agosto de 1987 dentro das XI Xornadas do Ensino.

E na lembranza eses escenarios de cines que xa desapareceron reconvertidos en supermercados ou áreas comerciais: Cine Avenida de Bueu, Cine Prado de Moaña, Cine Avenida de Cangas. Talmente como o magnífico espectáculo Eroski- Paraíso da Compañía Chévere!

O Teatro Estable María Soliño deixará de funcionar coa última actuación de "A Branca Rosa sirea do azul-mar".

En declaracións ao xornal Atlántico en setembro de 1987 Sito Parada manifesta que para o seguinte curso 1987-1988 habería unha renovación case total do colectivo formulando a conveniencia de profundizar máis a nivel educativo e dándolle ademais un rritmo de traballo máis pausado.

Mais isto queda para unha próxima entrega.

Universidade Laboral de a Coruña polos nos anos mediados os 1970... que está á entrada do salos de actos do IES ainda hoxe as postas

No seu destino provisional ni I.B. Otero Pedrayo de Ourense colabora coa Rosa Branca lí tamén conectará con sarabela por medio de fernnado da Costa laumno seu no Instituto.