Actuación de Paco Nogueiras, no Rosal, dentro do programa infantil Rechouchíos

09.06.2017 | 03:46

O programa de animación para público infantil e familiar que organiza o Concello de Moaña baixo o nome de Rechouchíos, celebra esta tarde a súa penúltima actuación antes do verán. Igual que o pasado venres, o espectáculo de hoxe será ao aire libre, para deleite dos pequenos.

Trátase dun concerto musical con moito humor de Paco Nogueiras baixo o título de "Brinca vai", que se desenvolverá na Praza 25 de Xullo, no barrio do Rosal, a partir das 19.00 horas.

A pasada semana o espectáculo para nenos foi no parque de Samertolaméu e reuniu a centos de persoas. A festa final do programa Rechouchíos será a vindeira semana cun concerto nos xardíns da recuperada praia da Xunqueira.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine