03 de junio de 2017
03.06.2017
ÚLTIMA HORA
Carlos Sainz gana su segundo rally Dakar

María Salgueiro será a pregoeira da Mostra, que este ano premia a Antía Cal e Cándido Pazó

A edición deste ano arranca o día 30

03.06.2017 | 02:59
A mestra e pedagoga Antía Cal, no documental "A palabra xusta". // Miguel Piñeiro

A Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas segue a desvelar parte da súa programación. Nesta ocasión tócalle aos homenaxeados, que serán Cándido Pazó e Antía Cal. Ao mesmo tempo a organización deu a coñecer quen será a persoa encargada de ler o pregón inaugural da trixésimo cuarta edición: a honra recae na actriz María Salgueiro, natural de Moaña.

O pregón de María Salgueiro será o punto de arranque da Mostra de 2017, que comezará o venres 30 de xuño. A actriz moañesa é especialmente coñecida polos seus traballos na Televisión de Galicia, onde destacan series como "A vida por diante" [na que foi nominada aos Premios Mestre Mateo polo seu papel de Renata], "Os Atlánticos", "Escoba" ou "Serramoura". Amáis, María Salgueiro ten participado tamén en series de ámbito estatal, como o caso de "El comisario" ou "Vis a vis".

A mostra canguesa entrega cada ano o Premio Xiria ao Labor Teatral, que nesta ocasión vai recaer no multifacético Cándido Pazó, que combina o seu traballo como autor, actor e director teatral e narrador oral. "Foi o benxamín da xente de teatro que xurdiu ou que se deu a coñecer arredor das históricas Mostras de Ribadavia", apuntan desde a organización da Mostra de Cangas. Destacan a súa intensa traxectoria, na que ten dirixido ou escrito para compañías como Teatro do Malbarate, Teatro do Noroeste, Centro Dramático Galego, Teatro de Adro, Teatro do Atlántico, Teatro de Ningures, A Escola da Noite de Coimbra ou a Canadayr Théâtre de Bruxelas. Pazó tamén foi fundador, director de escena e autor titular de compañías como Tranvía Teatro, Ollomoltranvía, Abrapalabra e Ciontraproducións.

A Mostra de Teatro de Cangas terá tamén este ano un recoñecemento especial cara a mestra e pedagoga Antía Cal. Ela recibirá o Premio Mulleres en Acción en recoñecemento "ao seu labor pedagóxico, cultural e vital a favor dunha sociedade máis libre, culta e igualitaria". A organización destaca a súa "determinación e valentía" para fundar a Escola Rosalía de Castro, "un centro de referencia pedagóxica e de igualdade en Galicia". Antía Cal recollerá o galardón no día de peche da Mostra de Teatro -o 8 de xullo-, nunha xornada na que tamén se proxectará o documental "A palabra xusta", do director Miguel Piñeiro, no que se conta a súa experiencia vital e profesional.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine