O programa de actividades infantís do Concello de Moaña, Rechouchíos, organiza esta tarde, a partir das 19.00 horas, un concerto para os máis pequenos. Será ao aire libre, no parque de Samertolaméu e actuará Cé Orquestra Pantasma.

A partires da personaxe do home orquestra, o artista interpreta cancións dos espectáculos "Fíos do querer" que é moi dinámico con cancións para compartir en familia. A segunda parte do concerto titúlase "A xogar, cantar e bailar", unha continuación cun repertorio para nenos de ata 9 anos.

É o primeiro dos tres espectáculos de Rechouchíos ao aire libre. O día 9 actuará Paco Nogueiras na praza 25 de xullo e o día 16 Mamá Cabra na praia da Xunqueira.