28 de mayo de 2017
28.05.2017
Crónicas do Teatro no Morrazo

O teatro en Moaña 1975-1985 (VI)

Aurín salgue á rúa no entroido de 1985 coas intervencións "Procesión de leprosos" e "As posibilidades dun verme"

28.05.2017 | 03:30

Nesta terceira entrega centrada no Teatro Aurín, Pedro Pablo Riobó segue o proceso da evolución do grupo no período comprendido entre 1983-1985 dentro das Crónicas do Teatro no Morrazo referidas a Moaña. 1985 foi un ano de profundos cambios en Teatro Aurín. Parte dos que estiveran desde o principio, abandonaron o grupo, e deixao seu orixe escolar para ser unha compañía de teatro amador.No entroido de 1985, salgue a rúa con as intervencións "Procesión de leprosos" e "As posibilidades dun verme".

En 1985 decidimos saír á rúa novamente en entroido. Esta vez non se trataba dun espectáculo como o da "Troup" do ano anterior, senón dunha forma moi persoal de teatro de intervención ou, se se quere, de xoguete teatral. Teatro de Ningures organizara un cursiño do grupo de teatro Johannes Vardar e convidounos a participar, cousa que fixemos encantados. Aqueles días de entroido pasabámolos entre o curso da mañá e a preparación das nosas saídas na tarde. O resultado foron dúas intervencións moi diferentes: "Procesión de leprosos" e "As posibilidades dun verme".

A primeira consistiu en tomar a aparencia dun grupo de leprosos, mal vestidos, sucios e maquillados até a repulsión. Deambulabamos polas rúas de Moaña, cruzándonos coas comparsas, que ían e viñan nos seus habituais periplos, anunciando a nosa presenza co son dunha tétrica campaíña e uns murmurios roucos, a xeito de laios e rezos que metían medo nos corpos dos incautos. Máis de unha comparsa levou un bo susto.

Para a segunda construímos un verme de tea multicolor, cuxa cabeza era un paraugas pintado. Instalados dentro da tea e coas caras tamén pintadas evolucionabamos pola rúa improvisando movementos ondulatorios, vibratorios, pendulares, zigzagueando e movéndonos como un cempés dunha ducia de pares de pernas. Lembro que a nosa primeira intervención tivo lugar no propio curso dos Johanes Vardar. Logo estivemos no enterro do Momo en Cangas e, no Enterro da Sardiña de Moaña, sumáronse algúns amigos como Nuria Pahino, Carlos Salgueiro, Ramón Rocamonde, Isa Pérez, Marisa García e Balbino Costa.

1985 foi un ano de profundos cambios. Parte dos que estiveran connosco desde o principio nos deixaron. Pablo Bermúdez, a quen a morte alcanzou uns anos despois, marchou para a compañía de Roberto Daste, Patricia Moreira tivo que marchar de Moaña e moitos outros e outras decidiron deixarnos durante aquel ano: Bel Iglesias, Chus Romero, Gloria Suárez, Marisa Pazos, Antonio Pena, Urano Riobó...

O grupo deixaba a súa orixe como grupo escolar para buscar unha consolidación como compañía de teatro amador, conformamos o que se podería chamar a primeira xeración Aurin. Para avanzar conviña encarar un traballo de formación e investigación que continuase o xa encetado en varios cursos e actividades ás que tivemos acceso naqueles tempos. Dadas as experiencias que tiveramos nos diferentes locais nos que ensaiaramos até entón, pareceunos prioritario conseguir un local propio no que traballar sen ser molestados. Despois de buscar infrutuosamente durante algúns meses, decidimos instalarnos nunha obra sen acabar. Tapamos os ocos das ventás e das portas con plásticos e teas, alfombramos o chan con cartóns, construímos uns pasos para poder subir e baixar sen moito perigo, pechamos o espazo con cortinóns e puxémonos a prepararnos. Foi un tempo de estudo e de experimentación. Combinabamos o adestramento actoral cun traballo de sala que nos levou a crear para uso interno unha serie de pequenas montaxes que nunca viron a luz como: Dansen, de Bertolt Brecht ou A estraña señorita Lou, de Miguel Anxo Fernán-Vello. Tratábase de proxectos que os propios actores e actrices levaban a cabo, dirixíndoos e interpretándoos, asumindo funcións que antes non desempeñaban e que agora os obrigaban a arrostrar aspectos escénicos que os facían madurar como intérpretes e como amadores do teatro. Nestas actividades aínda estivo Gloria Suárez pero o elenco íase pechando, cobrando forma e gañando forza. No grupo das actrices estaban María Salgueiro, Coral Ríos, Belén e Gladys Santomé, ao que se incorporou Teté Salgueiro; no dos actores Marcos Viéitez, Salvador del Río e, máis tarde, Luís Iglesias. Con Balbino Costa, o grupo contou por primeira vez con alguén que se ocupase só da parte técnica.

Preparabámonos para acometer un espectáculo arriscado, un reto para as actrices e os actores e tamén para a dirección escénica. Sentabamos as bases do que sería o cuarto espectáculo de sala do grupo e, desde o meu punto de vista, un salto cualitativo na evolución de Aurin: "Os anxos e o sangue".

| As persoas que desexen facer aportacións ou suxerencias a esta nova serie poden escribir ao correo cronicateatromorrazo@hotmail.com

---> continúa o vindeiro domingo

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Mauro celebrando el primer gol de los que anotó el Alondras este domingo. // Santos Álvarez
Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

Tirán pincha en las olas de Zarautz

Tirán pincha en las olas de Zarautz

La embarcación de Moaña reacciona en el último largo pero no evita el penúltimo puesto

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine