Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pedro Pablo Riobó Sanluís: "É unha historia incrible poder contar cunha película daquela época"

'O instituto de Cangas nos tempos de Casares' proxéctase hoxe no Auditorio

Pedro Pablo Riobó. // G.Núñez

O Auditorio Municipal acolle esta noite (21.30 horas) unha tertulia sobre "O instituto de Cangas nos tempos de Carlos Casares", no que participan os daquela alumnos do IES Rodeira Cándido Miranda, Sesé Ríos e Antonio Docampo. A continuación proxectarase un documental titulado "Aqueles marabillosos anos", que recolle 40 minutos de actividades dos cursos 1973/74 e 1974/75 recuperados polo profesor Pedro Pablo Riobó.

-Como logrou elaborar este documental con imaxes en movemento das que semella que ninguén sabía?

-Foi por unha historia incrible, unha desas casualidades que se dá moi de vez en cando. Hai uns anos, alá polo 2008, buscaba en dependencias do instituto unhas vellas cintas de audio que se usaban no magnetofón e atopei dúas bobinas de cine en formato Súper 8. Teño un aparato deses na casa, deille á reproducir e descubrín unhas chamativas imaxes realizadas durante os cursos de mediados dos anos 70.

-Sábese quen foi o autor desas gravacións?

-Non temos unha certeza absoluta, pero pensamos que foi Hilario Rodríguez, director do instituto de Rodeira por aquela época e un dos poucos que podería ter unha cámara de Súper 8. Daquela as bobinas eran de tres minutos, e cada unha das cintas atopadas ten sobre 20 minutos de duración. Deberon ser montadas por el con todo o material recopilado.

-Que fixeron co material ata convertelo neste documental?

-Son cintas mudas en aparente bo estado de conservación, e o primeiro paso foi proxectalas sobre unha pantalla e gravalas directamente cunha cámara de vídeo actual para poder traballar sobre elas, con resultados máis que discretos. Como sae Carlos Casares, falei coa CGAE (Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña, a leveille as cintas en man para que as dixitalizaran. En abril mandáronme o traballo en formato dixital e a esas imaxes engandinlle son e textos ata lograr o documental que se vai proxectar.

-Que xeracións de estudiantes morracenses están representadas nesta cinta?

-A primeira película recolle escenas dos nacidos entre os anos 1957 e 1958, e a segunda, entre 1959 e 1960. Son os dous últimos grupos do antigo bacharelato. Aquí aparecen nun documental que traerá moitos recordos. De feito, máis de 3.000 persoas xa visitaron a páxina de facebook con algunhas fotos e o tráiler do documental.

Compartir el artículo

stats