Un dato curioso sobre as eivas do ensino en galego é que as familias de Moaña consideran que os seus fillos están mellor capacitados para ler e escribir en galego que para falalo. Así, respostan que o 86% dos nenos de Moaña entenden a lingua vernácula. Un 83% ten una boa capacidade para ler neste idioma e un 76% para escribir. No caso da fala, apenas un 64% dos nenos moañeses podería expresarse con verdadeira fuidez en galego.

Os pais entenden que existe una correlación moi forte entre a porcentaxe de docencia en galego e a capacidade do alumnado para falalo. A enquisa revela, polo tanto, unha clara influencia da escola na capacidade dos nenos para usar o idioma propio.

En canto á consideración social, o 84% das familias moañesas recoñecen o galego como lingua propia de Galicia (que é o estatus fixado legalmente no Estatuto de Autonomía). Ademáis, un 53% dos proxenitores valoran a utilidade do ensino en galego porque dota ao alumnado de maior facilidade para aprender outras linguas. Ata un 78% dos pais pensan que o ensino en galego aos seus fillos é importante para adquirir un dominio desta lingua propia.

Desigualdade

Case 7 de cada 10 pais de Moaña opinan que debe fomentarse o uso do galego e recoñecen a desigualdade na que vive este idioma con respecto ao castelán.

Aldán Santamarina expuso onte a directores e profesores dos centros os resultados da enquisa global, co obxectivo de que coñezan esta realidade para poder adoptar medidas que a melloren.