Este ano o Día das Letras Galegas foi especial en Cangas. A vila mostrouse orgullosa de formar parte da historia do homenaxeado, o escritor Carlos Casares, que impartiu docencia no instituto de Rodeira durante nove anos, onde escribiu obras como "Ilustrísima". Por ende non extrañou a proposta que vai elevar o concellal de Cultura, Héitor Mera, ao pleno, a través dunha moción conxunta, para que Carlos Casares sexa nomeado "Fillo Adoptivo a título póstulo". Pero non queda ahí a cousa, Héitor Mera anunciou que o Concello iniciará conversas coa familia que habita a casa onde Carlos Casares viviu cando estivo en Cangas de mestre no instituto. O obxectivo é colocar unha placa na vivenda onde quede testemuña de que ahí viviu o escritor de "Xoguetes para un tempo prohibido".

O concellal de Cultura do Concello de Cangas, Héitor Mera, (BNG) abriu o acto da Festa da Cultura Galega no Auditorio, onde se entregaron os premios Ignacio Cerviño á Recuperación do patrimonio e Xohan de Cangas á Creación artística e á Labor cultural. Un acto solemne, deses que dan prestixio a un pobo. Mera falou inevitablemente de Carlos Casares, da súa vinculación con Cangas e lembrou a conversa que tivo con Cristian Casares, o fillo pequeno do escritor, a semán pasada en Cangas. Díxolle que este ano, Cangas festexa dous eventos singulares, o catrocentos aniversario da invasión dos turcos e o homenaxe a seu pai. Conta Héitor Mera que Cristian Casares, perplexo, contestou: "Non sei como tomarme iso que acaba de dicir". O concellal recordoulle ó fillo do escritor que a invasión dos turcos ten que ver tamén con outra gran figura da historia de Cangas, María Soliño.

Héitor Mera destacou o feito que Cangas supo festexar o paso de Carlos Casares por Cangas, como se pode ver nos actos que se fixeron en colaboración con o IES María Soliño, onde hoxe se colocará unha placa na súa honra. Isto é así, según explica Héitor Mera, porque a placa fai mención ó claustro de profesores, non a ubicación do centro.

Pola súa banda, o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos (ACE) pechou o acto tras a entrega do Permio Xohan de Cangas a "O gaiteiriño" de Piñeiro, José Fernández Canosa. O rexodor local fixo mención a que o Día das Letras Galegas deben ser os 365 días do ano, non un só e que é necesario a implicación de todos os sectores para que iso sexa posible, non só das institucións. "Cangas quere ser un exemplo de todo iso". Tamén referiuse á figura do escritor Carlos Casares, de quen dixo que marcou a toda unha xeración de estudantes en Cangas, moitos dos que agora teñen resposanbilidades na política. Pazos confesou que leera toda a obra de Casares, tamén a súa tradución do "Principito". Comentou tamén que a proposta de Fillo Adoptivo a título póstumo de Carlos Casares era "máis que acaeido".

O profesor Pedro Pablo Riobó do IES María Soliño, alumno de Carlos Casares, comentou como unha vez afeoulle a conducta a Carlos Casares que formaba parte do xurado do premio de poesía do instituto. Recriminoulle o feito que lle deran o premio a unha poesía escrita en castelán. Él contestoulle que a literatura non era boa ou mala según o idioma en que se escribira.

A festa da Cultura Galega desenrolouse no medio dunha pequena obra de teatro onde a actriz Sonia Rúa facía de conductora da gala e Casilda Alfaro interpretaba a unha María Soliño que, de súpeto, encontrábase no século XXI, onde seguían existindo piratas que asolaban Cangas, un rey que tamén chamábase Felipe e un rexidor que tiña o apelido de aquel Varela do século XII que tanta mala sona tiña. Foi a persoaxe de María Soliño quen preguntou, como a conductora da gala dixéralle que os piratas seguían en Cangas e en España, pero chamánlle doutra maneira e que o rey tamén chamábase Felipe, se non sería tamén Varela o apelido do alcalde. A personaxe de Sonia Rúa díxolle que non. Perocando mandou subir ó escenario ao alcalde decatouse que Xosé Manuel Pazos tambén era Varela de segundo apelido.

Abriu a Festa da Cultura Galega o grupo Astarot, que interpetou a canción de María Soliña e tamén participaron a coral polifónica Queixumes de O Hío, ademáis da fabulosa interpretación de Miguel Sotelo, que dou boa conta dunha xota galega que deixou tremendo ó escenario.

Os voceiros do tripartito, Mercedes Giráldez (BNG), Mariano Abalo (ACE) y Tomás Hermelo (ASpUN) entregaron e premio as Danzas Tradicionais, representadas polas presidentas das asociacións de O Hío e Darbo e a vicepresidenta da de Aldán. Ainda que nun video podíase ver e escoitar no escenario as representates de cada unha das asociaciacións que foron premiadas, foi a vicepresidenta da de Aldán que agradeceu o premio ao Concello, pero tamén aos antepasados da parroquia, quenes legaron o patrimonio da Danza: "Esperemos que nós tamén saibamos facelos para que cada danza teña "Mil primaveiras máis".

O concellal de Cultura de Cangas, , Héitor Mera subiu de novo ao escenario para entregarlle o premio Xohán de Cangas ao pintor e ilustrador Manuel Pizcueta. Foi ó alcalde como fixa a costume o que entregou o último premio, que foi para José Fernández Canosa, "O ghaiteiriño".