En Moaña o Día das Letras Galegas converteuse nunha xornada volcada no mundo da cultura. As actividades comezaron o martes previo, cun festival das escolas de música de Moaña. Tanto os alumnos da Escola Municipal como os da Escola Tradicional, celebraron, con dúas das súas agrupacións, un festival adicado ao escritor Carlos Casares. O concerto o abriu a Banda Xuvenil para dar paso á de gaitas e percusión "Gaiteiros de Moaña". Se uniron nunha soa formación para interpretar catro pezas tradicionais, incluído o "Viva Moaña", considerado durante tempo o himno da vila. Tamén se estreou a "Miuñeira do Pegho", tradicional do barrio moañés de O Casal.

Os alumnos tamén tomaron a palabra para ler textos do autor homenaxeado nesta edición. Tras a música, os participantes e os asistentes como público, participaron nunha merenda conxunta organizada pola asociación de nais e pais da Escola Municipal de Música.

Onte tivo lugar no palco da alameda o Festival Letras Galegas de danza tradicional. Organizado polas agrupacións Solaina, Charaviscas e Breogán, os seus compoñentes amosaron danzas e ritmos folclóricos. O único colectivo que faltou á cita foi Solaina, de Berducedo, polo triste falecemento de unha das súas compoñentes nas últimas datas.

Ademais dos grupos de Moaña, actuou como invitado o Grupo de Acordeóns Atlántida, de Matamá. Todos os asistentes participaron nun desfile dende a Casa do Mar, e reuniron na alameda a centos de persoas, pois a choiva anunciada finalmente respectou o evento.

Monólogo

Non só a música e o baile foron os instrumentos dos moañeses para festexar o Día das Letras. A Asociación de Veciños de Tirán organizou, na Casa da Cultura da parroquia, un dos eventos máis orixinais para lembrar a figura de Carlos Casares. O espectáculo consistiu nun monólogo do actor Avelino González titulado "Entre un galo... e un polbo".

O actor debullou feitos, sucesos, obra e anécdotas sobre o autor homenaxeado este ano. Os asistentes coñeceron a un Carlos Casares como "persoa boa e agradable" e gozaron da literatura dun autor relacionado co Morrazo na súa traxectoria profesional como docente. Houbo tamén unha exposición de alumnos do CEIP Tirán.