13 de mayo de 2017
13.05.2017

"Non só se levaba ben coa súa xeración, apostaba polos novos"

13.05.2017 | 03:24

A nora de Carlos Casares, Lara,coñeceuno antes a el que ao que é hoxe o seu esposo, Hakan, o fillo maior do autor. Coñeceuno a través dunha charla que ofreceu no instituto de Porriño no que ela estudaba. "Quedei marabillada con ese señor, porque suscitaba as cousas cunha sencillez incrible". Cegoulle coas súas historias de Risco e Otero Pedrayo e "como unha grupi"asaltoulle ao remate da charla para confesarlle que non lera nada deles. Nuns días, recibiu na súa casa "unha caixa enorme" da Editorial Galaxia con obras galegas. "El foi quen me introduciu nese mundo", destacou.

Agradeceullo cunha carta e Casares reflectiuno na súa columna xornalística. "A partir de aí empezou unha amizade". Ademais de descubrirlle a literatura galega, agradécelle que a animara "a falar en galego e a confiar" no seu vea artística. "Era algo polo que os meus pais non apostaban e, grazas a el, descubriron que non era tan terrible", explica. "Non só se levaba ben coa xente da súa xeración, senón que apostaba polos novos", subliña.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine