Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Personaxes de Cangas · Arquivo de A Cepa

Almiña, médico humanitario de Cangas

Especialista en pel, nunca se negaba a asistir a ninguén que o necesitara e foi o médico dos pobres

Con amigos e compañeiros da Facultade en Madrid.

A Gelines

para sempre xa

na memoria de Cangas

O cine fascinábao e chegou a fundar con outras persoas o cine Avenida coñecido tamén coma cine de Andrea (hoxe xa desaparecido ao igual que o de Leta e o Galaxia).

Involucrouse notablemente no proxecto da Ponte de Rande xunto a empresarios e outros personaxes influentes da época. Proxecto que veu prosperar con ilusión pero que, sen embargo, non puido ver rematado, pois faleceu no ano 1978 cando comezaba a súa construción.

O doutor Villar axudaba sempre a todo o mundo . Nunca se negaba a asistir a ninguén que o necesitase, aínda que estes non lle puidesen pagar os seus servizos. Era o médico dos probes.

Don Alfonso realizaba visitas constantes a aqueles enfermos que non tiñan familia e que se atopaban ingresados nos hospitais. Incluso polas noites, a xente non paraba de chamar á porta da súa casa cando xurdía algunha urxencia. El sempre os atendía. Non deixaba nunca a un enfermo desamparado, fose quen fose. A súa sobriña Concepción Núñez Villar garda moi bos recordos do seu tío. Lembra que cando enfermaba de pequena, "a súa nai chamábao para que lles botara unha ollada e en canto entraba pola porta, xa lle pasaban todos os males".

Con emoción e gratitude conta un episodio que sucedeu no lonxano 1963: "Cando o meu primeiro fillo cumprira tan só seis meses de idade, comecei a encontrarme moi mal e a sufrir febres constantes. Tiña enfermado do tifo e a miña vida corría perigo. O meu tío Toto (así é como chamabamos na casa ao irmán da miña nai), moveu Roma con Santiago para salvarme a vida". Conseguiu traer desde Estado Unidos uns medicamentos, a través dos comerciantes farmacéuticos que o visitaban. Así era tío Alfonso, atento e xeneroso, por iso lle estarei eternamente agradecida. É por iso que cando penso nel, só me veñen recordos gratos, dun bo home, comprometido, servizal, afable, respectuoso, caritativo e admirable".

Faleceu no frío inverno de 1978, o 26 de xaneiro con 66 anos. E alá se foi a vida e o transcorrer do médico don Alfonso Villar mentres estivo entre nós. Marchou unha boa Almiña pero permanece no recordo e na memoria dos que o coñecemos e que agora o lembramos con agarimo.

(*) Membros de A Cepa e sobriña de don Alfonso

Compartir el artículo

stats