12 de mayo de 2017
12.05.2017

Bon recupera a súa Romaría das Letras Galegas con Miriam Ferradáns como pregoeira

12.05.2017 | 14:56
A concelleira de Turismo, Silvia Carballo; o secretario da Asociación Sanamedio, José Bastón; o alcalde, Félix Juncal; o presidente e o tesoreiro da Asociación Sanamedio, Javier Ferreira e Benito García; e a representante de Pais de San Roque, Mª Carmen Martínez.

Bon recupera este ano a súa Romaría das Letras Galegas. O Concello de Bueu, a Asociación Cultural Sanamedio de Bon, o grupo Os Liboreiros e o Grupo de Danzas Pais de San Roque unironse para retomar unha celebración que nos últimos viuse interrumpida nalgunhas ocasións. A festa será o mércores co gallo do Día das Letras Galegas e contará cunha pregoeira da propia terra de Bon: a poetisa Miriam Ferradáns Ferradás. "Queremos que sexa profeta na súa terra", argumentan dende a organización, que destacan os numerosos premios que leva colleitados nos últimos anos en distintos certames poéticos.

A celebración será no privilexiados entorno da capela de Sanamedio a partir das 12.00 horas, cunha introducción do alcalde, Félix Juncal, e que dará paso ao pregón de Miriam Ferradáns. Ás 12.30 comezará un concurso de debuxo para os máis pequenos cos temas das Letras Galegas e Sanamedio. Tamén será o momento no que comece o festival de música tradicional cos grupos de adultos, coa presenza de Pais de San Roque xunto a Os Liboreiros e logo o Grupo Folclórico Anaquiños. A partir das 13.30 horas haberá xogos populares como tiro da corda, zancos, carreiras de sacos€

No entorno do adro de Sanamedio haberá posto de venda de comida e bebidas, con callos, churrasco e polbeira, entre outros, para a xente que decida pasar alí o día. A programación retómase pola tarde con festival folclórico infantil, que esta vez contará co Grupo de Danzas San Roque e As Falcatrueiras e a Asociación Cultural Retrouso de Cela. Ás 17.00 horas actaurá o grupo Inter Noi e as actuacións dos grupos infantiles voltarán ás 17.30 horas, esta vez con Anaquiños e a Escola de Danza Vila de Baiona.

Ás 18.30 horas o concelleiro de Cultura, Carlos Eirea, fará unha entrega de agasallos ás agrupacións e ás 19.00 horas rematará o concurso de debuxo coa entrega de premios aos gañadores. O peche será a partir das 19.30 horas coa actuación da comparsa Vou nun Bou.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine