A primeira edición da Comic-Con que acollerá Moaña e que organizan os dous institutos, cinco colexios de Primaria e o Concello celebrará todas as súas actividades no entorno da praza de abastos. Organizadas en boa medida polos estudantes, os días 12 e 13 de maio se sucederán as charlas de autores profesionais de cómic, dos propios alumnos, a proxección de películas de anime ou actividades lúdicas como o cosplay.