| "Ten previsto o actual goberno municipal levar a cabo algunha actuación para que cara ao verán o Monte do Facho non presente o estado de abandono no que se atopa? De ter previsto algunha actuación, en que consiste a mesma?". Son preguntas que o voceiro do PP José Enrique Sotelo traslada ao tripartito de Cangas, despois de que varios membros do seu grupo visitaran, onte pola mañá, o que consideran "un dos puntos máis emblemáticos do noso concello e mesmo da comarca", e comprobaran que se atopa nun estado de "abandono e falta de mantemento" do que responsabilizan aos xestores municipales. Os populares reclaman que se acometa con urxencia a limpeza da zona antes do período estival e se elabore un plan de excavación e musealización, "tal e como estaba previsto no convenio entre o Ministerio de Fomento e a Deputación".