Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Sempre digo que son actor grazas á Mostra de Teatro"

Miguel Ángel Blanco "Mighelo".

Quizá sexa un doado e significativo peche para estas entregas sobre a Mostra, as declaracións de Miguel Ángel Blanco "Mighello", un rapaz cando as primeiras mostras e hoxe actor profesional:

"Sempre digo que son actor grazas á Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, mais tampouco podo desbotar o feito de que na miña familia houbo tamén moita devoción polas artes; o meu avó Agustín era músico na banda municipal de Cangas, á miña avóa Lola encantáballe a Zarzuela e chegou a cantar enriba dun escenario, o meu tio "Titín" vivía o entroido interpretando de xeito apaixoado tódolos seus disfraces? Así que con toda esa semente alguén tiña que herdala e polo visto? tocoume a mín.

Gústame o teatro dende que era neno, medrei coa Mostra e teño grabadas na memoria milleiras de imáxenes de moitas obras, máis o corazón garda o espíritu das esquecidas. Encantábame cando os actores e actrices facían participar á xente (tanto no teatro de rúa coma na escena) e eu morría por que me escolleran (tamén de medo). Quero lembrar unha obra: "Secretos de un cubo" de Teatre Arca, debeu ser no ano 1984 ou 1985, eu tiña 11-12 anos. Eran dous actores pero parecían mil, eles cambiaban de personaxes e tamén subían a xente do público, lles poñían unha perruca ou calquera "trapito" e hala? a improvisar. Morriamos da risa.

Ás veces ía ao teatro con algún familiar, outras co meu amigo David do colexio e cando non viña ninguén comigo? pois ía eu só. Sentei nas butacas do Avenida, do Calvar, do Galaxias, da carpa e agora sinto a ledicia de ter cumprido un sono cada vez que teño a ocasión de subirme ao escenario do Auditorio."

Compartir el artículo

stats