"José Luis Abalo fotografou eses incisos en que a viaxe se torna suspensión do tempo, parada, digresión [...] Durante a breve paréntese temporal que se abre ao iniciar a travesía que os levará dunha banda á outra do mar de Vigo, o fluír das cousas convértese no protagonista das súas existencias, permitíndolles interromper o curso dos acontecementos e atopar cunha cadencia particular que propicie a reflexión, a lectura, a conversación, o soño reparador... a vida, en fin, vivida sen a urxencia do futuro".

É parte do que di Manuel Xestoso no limiar do libro de fotografías "Cangas-Vigo; Vigo-Cangas", publicado hai preto dunha década e do que agora se expón unha selección de instantáneas no taller de Toni Casaus na Rúa Real. Todas foron feitas nos arredor dos vinte minutos que dura a travesía entre as dúas beiras da ría, pola que a diario se moven centenares, milleiros de persoas que se desplazan por motivos laborais, sanitarios, de compras ou de ocio, cos ollos aínda perezosos a primeiras horas da mañá ou con xestos espertos na conversa vespertina. "No buscaba nada, no preparaba nada ni tenía un proyecto artístico definido; veía y disparaba para dejar constancia del momento", conta Abalo, que o facía sen preguntar os modelos ocasionais, sen ningún pacto previo, pero que estes nunca lle reprocharon.

A serie de imaxes, todas elas en branco e negro, remóntase a 1987, cando Abalo comezou a tomalas como "una manera de entretenerme, de hacer algo durante el viaje" no transporte de ría, do que el tamén é usuario habitual. Unha década despois, con bastante material acumulado, reparou en darlle forma al proxecto e intensificar o ritmo de disparos ata convertelo enlibro, no que se condensa unha selección de 120 instantáneas. Unha escolma delas foron ampliadas para ser expostas daquela e son as que agora poden contemplarse, e mesmo mercarse na Rúa Real.

Venezolano de pais galegos e afincado en Cangas, José Luis Abalo ten recoñecido que, profesionalmente, non lle interesa a historia que hai detrás das personas que retrata. "Soy bastante frío en mi trabajo y no suelo conocerlas; soy un simple registrador de la realidad, sin un proyecto artístico detrás", confesara cando presentou o libro.