07 de marzo de 2017
07.03.2017

Moaña amplía o programa Rechouchíos con máis actividades en galego para nenos da vila

A programación comeza este venres 10 de marzo na biblioteca de Quintela

29.03.2017 | 19:29
Santamarina, Marta Freire e María Faltri cos técnicos da Normalización e as bibliotecas. // G.N.

O Concello de Moaña prolonga o programa de actividades culturais para nenos en galego que puxo en marcha no mes de novembro. Baixo o nome de "Rechouchíos", os departamentos de Normalización Lingüística e de Cultura programan outras cinco actividades durante os meses de marzo e abril. "O obxectivo é converter a "Rechouchíos" nunha programación estable para nenos de ata 10 anos, dotando a estes pequenos e aos seus pais de recursos de ocio e calidade en galego", apunta o concelleiro Aldán Santamarina. Como ocorreu en outono a programación se desenvolve en distintos espazos e parroquias e consta de espectáculos de distinto tipo, que se programan segundo ás decisión adoptadas por un comité integrado pola técnica en Normalización, os responsables da biblioteca de Quintela e das axencias de lectura de Tirán e Domaio e por moañeses do mundo da cultura como a música María Faltri e a actriz Iria Piñeiro.

A programación comeza este venres 10 de marzo na biblioteca de Quintela, a partires das 18.00 horas, cun espectáculo de contacontos titulado "Contos Mariños", da compañía do Morrazo Codia e Miolo. Os espectáculos de grande formato serán en sábado, como o teatro infantil "Contos para un caldiño", que Baobab Teatro representará o sábado 18 de marzo no salón de actos do IES As Barxas.

O venres 24 a programación cambia de tercio para ofrecer un espectáculo de maxia a cargo de O Mago Paco. Actuará para os pequenos baixo o título de "Hocus Pocus". Unha nova representación teatral, neste caso no auditorio do centro cultural Daniel Castelao, se representará o sábado 1 de abril. Será a obra "Feo", de Caramuxo Teatro. Os encargados de elixir a programación destacan as dúas pezas teatrais, por estar conducidas polas dúas "mellores compañías de teatro infantil de toda Galicia".

A última xornada será o venres 7 de abril na axencia de lectura de Tirán. A compañía Tarabelos porá sobre o escenario o espectáculo de monicreques "O traxe novo do rei".

Todos os asistentes recibirán como agasallo un imán coa mascota de "Rechouchíos" para pegar a programación, e a intención máis alá de Semana Santa é programar máis actividades, incluso ao aire libre. "Os nenos máis pequenos son o obxectivo principal á hora de traballar no fomento da lectura, ademais tamén pretendemos que se acostumen a ser espectadores de distintos espectáculos", apuntan os bibliotecarios do municipio. Tralo éxito das primeiras 7 actividades do pasado outono, nas que houbo cheo de público, o Concello abriu unha páxina de Facebook "para poder ter aos pais ao día dos novos eventos e crear unha rede de veciños que asistan a esta programación cultural".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

El Bueu Atlético, a blindar su feudo

El Bueu Atlético, a blindar su feudo

Los de Irene Vilaboa reciben al Porriño en busca de su segunda victoria consecutiva

El Alondras persigue la sorpresa en Oviedo

El Alondras persigue la sorpresa en Oviedo

"No es un partido sencillo pero hemos de encontrar sensaciones", afirma Rodríguez

El Bueu Atlético busca ante el Porriño su segundo triunfo

El Bueu Atlético busca ante el Porriño su segundo triunfo

El equipo de Irene Vilaboa aspira a firmar un buen inicio de campaña

Pillo: "En O Gatañal no especulamos"

Pillo: "En O Gatañal no especulamos"

El técnico del Frigoríficos afirma que "este es el mejor año para sorprender al Logroño"

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine