Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Diálogo entre André, Glauca e Lía e música do S.XII en "Nos espazos do soño"

(André senta e interpreta unha música de época; "¡Amor hei!", sec. XIII)

(Glauca déixase levar pola música e olla ao lonxe. Iníciase nela un movemento de flotación que semella andase cara adiante, coma en marcha cos ollos fixos na distancia.André vai apagando o son da guitarra. No silencio, Glauca detén os pasos, pero segue fitando ao lonxe)

ANDRÉ: Non veu Lía, Glauca, debemos estar tranquilos, para onde corres, para onde vas, de quen fuxes?

GLAUCA: Si, non veu Lía. De volta estamos sos; e temo por min.

ANDRÉ: (Póndose á súa altura) Nada hai que temer.

GLAUCA: (Seria) Si hai que temer, porque ti non estás aquí comigo, non existes, es un soño, unha loucura, si,si, siiiii, esa ensoñación que me consome, iso é André (Aloumíñao con desconfianza). Si, unha ensoñación. Nós non estamos, nin sequera eu estou (Apálpase). Non estou,non, non estou.

LÍA: (Chegando de súpeto, e despois dun silencio expectante) Si que estás, estás aquí diante miña, Glauca.

ANDRÉ: (Tentando a defensa de Glauca) Márchate, Lía, ou non tocarei endexamais!

LÍA: (Despois dunha gargallada) Tocarás, André, estás feito para min, claro que tocarás! (Rise moito)

GLAUCA: (Con decisión, cara André)Toca, non é unha maldición:axudarasme a ser feliz contigo, André; toca.

(O músico retoma o instrumento)

LÍA: (Antes de que el comece a interpretación) Qué vas tocar, André?

ANDRÉ: Non sei.

LÍA: Non sabes?

ANDRÉ: Non, non sei. Déixome levar, conducir polas sensacións, acaso hai outra man que guía, unha memoria que chama?

LÍA: (Con excesiva extraversión)Un louco, André, todos os músicos sodes uns tolos marabillosos. A min gústame que sexades así. Anda, toca para min.

(André ergue os ollos cara Glauca, que está no seu lugar, sen sobresalto, pero tampouco con indiferenza. André e Glauca manteñen os ollares de fronte un anaco de tempo, Lía decátase.)

LÍA: (Facéndolle garatuxa a André diante dos ollos) Eih! Eu estou aquí na espera. Non estou alí, André. (Sinala para onde se atopa Glauca)

ANDRÉ: Certo, Lía, ti estás aquí; alí está Glauca.

LÍA: Non importa, toca, toca!

(De volta o músico segue a interpretar "¡Amor hei!. Glauca, como levada, comeza un monólogo, allea ao Amigo. Lía séguea na distancia, coma en axexo. André non deixa de tocar)

Compartir el artículo

stats