11 de febrero de 2017
11.02.2017
ÚLTIMA HORA
El Celta convoca junta de accionistas para el 24 de noviembre

Moaña "xira" cara a súa cultura para distinguir a Xil Ríos como Fillo Predilecto

A corporación nomea ao cantante e compositor de xeito unánime ante centos de veciños que abarrotan o salón de plenos -O homenaxeado quixo lembrar "aos humildes e traballadores"

11.02.2017 | 08:11
Una coral le dedica el "Xirarei" a Xil Ríos el día de su nombramiento como "Fillo Predilecto" de Moaña.

Xil Ríos xa é o Fillo Predilecto de Moaña. O pobo que tantas veces o escoitou cantar durante máis de 45 anos respostou e encheu o salón de plenos, ata o punto de que decenas de persoas quedaron fóra por falta de espazo. A ocasión o merecía. Un dos cantautores máis recoñecidos da música galega, veciño de todos os presentes e amigo de moitos deles, gravaría o seu nome no cadro de honra do Concello. "O merece moito máis toda a xente humilde e traballadora, como os mariñeiros que botan toda a vida batendo co mar no Gran Sol", dixo o propio homenaxeado nos instantes finais dun pleno extraordinario que sen dúbida uniu aos moañeses de todas as cores e sensibilidades nun único amor pola súa cultura.

Unha comisión elixida entre máis de 40 asociacións que impulsaron este nomeamento recolleu ademais o apoio individual de case 1.400 veciños. Con este apoio abrumador o concelleiro de Cultura e instructor da distinción, Salvador Meira, iniciou o pleno considerando que "o 10 de febreiro de 2017 pasará á historia do noso pobo". Meira lembrou aos tres veciños que, en distintos momentos da historia, acadaron a distinción de Fillo Predilecto e percorreu a traxectoria vital de Xil Ríos, que ademais de cantante foi futbolista, boxeador, presidente do CD Moaña e xogou un papel clave dinamizando o entroido local nos anos 80.

A emoción dos presentes e do homenaxeado xa era palpable. Sobre todo tras a proxección dun vídeo con imaxes da súa vida, con músicas da súa inventiva e con momentos estelares como a súa aparición no NO-DO co gallo do Festival Bahía de Vigo en 1971, onde apareceu Xil Ríos cantando en galego.

Emocionado en varios momentos da noite, o cantante e compositor recibiu o cariño de todos os presentes e leu un poema que escribiu para a ocasión e no que deixa claro o que sinte por Moaña:

"Gracias, deus meu

por permitirme nacer

neste pobo tan fermoso,

mariñeiro, loitador e bondadoso,

onde os montes cal xigantes foran

nos protexen,

onde o mar cada día co seu cantar

nos dá a vida, nos arrula e nos adormece (...)".

Reza o primeiro verso. Para rematar explicando:

"(...) Moaña deume todo o que eu teño,

a familia, os amigos,

o sentimento de axudar ós demais,

cando non poden, cando non teñen (...)".

Aplausos e berros de cariño inundaron en múltiples ocasións o salón. O acto rematou cunha sorpresa final na que representantes dos nove coros de Moaña, Banda Airiños do Morrazo e da Escola de Música interpretaron unha versión da canción "Xirarei", composta por Juan Pardo e que a piques estivo de levar a Xil Ríos ao Festival de Eurovisión.

No medio do acto tomou a palabra Manuel Méndez pola comisión promotora. Defendeu os valores artísticos de Xil Ríos e o feito de que "dende os inicios empregou o idioma que mamou na súa infancia, e tratou os temas que lle saen da alma, como a emigración, o amor ou as condicións de traballo dos mariñeiros".

Todos os grupos políticos tomaron a palabra. Polo PP, José Fervenza, pediu unha apluso para a muller do homenaxeado e aludiu á satisfacción dos moañeses "que hoxe nos sentimos protagonistas, porque Xil Ríos sempre fixo un esforzo polos veciños". Polo BNG, Odilo Barreiro recitou unhas palabras do xa Fillo Predilecto no que queda patente a súa defensa do idioma propio: "Quen non fala a súa fala é que despreza a súa nai (...)". Destacou tamén a súa traxectoria musical, a súa capacidade para reinventar o seu estilo e as súas letras comprometidas.

Marta Freire, do PSOE aplaudiu que Ríos captase "perfectamente ao pobo galego e foxe comprometido en épocas moi complicadas". Javier Carro, de XM, apelou a súa faceta máis social, colaborando con distintas causas.

Tras recibir de mans da alcaldesa, Leticia Santos, un diploma conmemorativo, Xil Ríos compartiu tanta ledicia coa súa muller, os seus tres fillos e os seus netos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Un futbolista del Domaio persigue un balón ayer. // Santos Álvarez
Jonás hace sangre con el Umia

Jonás hace sangre con el Umia

El delantero anotó las cinco dianas de su equipo en la goleada del Domaio - El Umia se adelantó en...

Poco fútbol en O Morrazo entre Alondras y Boiro

Poco fútbol en O Morrazo entre Alondras y Boiro

Los mejores momentos del conjunto local llegaron en la recta final del encuentro

Al Bahía se le escapa el triunfo en la recta final

Al Bahía se le escapa el triunfo en la recta final

Los de Aurelio Estévez remontaron tras un mal inicio pero no supieron sentenciar

Empate con polémica en el Javier Guimeráns

Empate con polémica en el Javier Guimeráns

El Cruceiro protestó un gol anulado y un posible penalti ä Hubo 15 amarillas

El Frigoríficos cae de forma clara

El Frigoríficos cae de forma clara

El equipo cangués no supo aprovechar las numerosas bajas que tenía el Bidasoa

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine